Myrta Silva

cantante portorriqueña

Myrta Silva, nada o 11 de setembro de 1917 e finada o 2 de decembro de 1987, foi unha cantante portorriqueña, compositora e produtora de televisión. Era coñecida cariñosamente como "La Gorda De Oro".

Infotaula de personaMyrta Silva
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Arecibo (Porto Rico), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Arecibo (Porto Rico), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePorto Rico
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica de Porto Rico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0798438 Musicbrainz: 235010f1-50ce-4bb2-91a9-c836570193ff Discogs: 1860232 Allmusic: mn0000620296 Find a Grave: 9914254 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa primeira presentación fíxoa cando aínda ao dez anos de idade nun teatro local de Arecibo. Durante a década de 1930, sendo aínda unha rapariga, viaxa xunto coa familia a Nova York e principia alí a traballar en producións musicais nos teatros hispanos locais e nas emisoras de radio. Así entón un importante contrato coa RCA Victor.

En 1939, contáctase co destacado compositor portorriqueño Rafael Hernández, quen foi cativado pola súa voz, e é invitada integrarse ao seu conxunto, Grupo Victoria. Con este grupo, Myrta viaxa por Porto Rico e outros países de América Latina. Contra comezos de 1940, deixou o Grupo Victoria e comezou a traballar coas orquestras de Moncho Usera e Armando Castro, converténdose na artista de gravación coas meirande vendas entre os anos 1947 e 1949.

Nesa mesma década comeza a destacar como compositora, tendo éxito temas como: "Que sabes Tu" ou "Cuando Vuelvas". Moitas das súas inspiracións foron interpretando por outros artistas, como Olga Guillot ou Daniel Santos. Pero é sen lugar a dúbidas, a canción "Chencha la Gamba", a que leva a Silva ao recoñecemento internacional. A súa carreira como cantante progresa e a súa popularidade esténdese máis alá do seu país natal e da comunidade radicada en Nova York. Así, faise célebre en países como Cuba, México, Panamá, República Dominicana, Venezuela ou o Perú.