Myroslav Ivan Liubachivskyi

Myroslav Ivan Liubachivskyi (en ucraíno: Мирослав Іван Любачівський), nado o 24 de xuño de 1914 en Dolyna (Austria-Hungría, hoxe Ucraína) e finado o 14 de decembro de 2000 en Lviv,[1] foi un eclesiástico católico, cardeal e arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína dende 1984 até a súa morte.

Infotaula de personaMyroslav Ivan Liubachivskyi
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1914 Editar o valor em Wikidata
Dolyna, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 2000 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Xurxo 49°50′19″N 24°00′46″L / 49.83864, 24.01275 Editar o valor em Wikidata
Cardeal
25 de maio de 1985 –
Arcebispo católico
7 de setembro de 1984 –
← Yosyf Slipyi
Bispo diocesano
13 de setembro de 1979 –
← Joseph Michael SchmondiukStefan Sulyk →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína
Polonia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo ucraíno Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico
Pontificia Universidade Gregoriana
Collegium Canisianum Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1979–), sacerdote católico (1938–), diácono (1938–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 28293560 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Dolyna, unha vila de Ucraína Occidental, fillo de Evstakhii e Anna, de apelido de solteira Oliinyk.[1][2] Estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Lviv, e posteriormente en Innsbruck. Foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Lviv o 21 de setembro de 1938[1][2] polo metropolita Andrei Sheptytskyi, e posteriormente doutorouse en Teoloxía, cursou estudos bíblicos no Pontificio Instituto Bíblico e de filosofía na Gregoriana.[2] Logo da segunda guerra mundial non puido volver a Ucraína, e emigrou aos Estados Unidos,[2] onde desempeñou o seu labor na Igrexa dos Santos Pedro e Paulo de Cleveland (a partir de 1949), e a partir de 1968 como profesor no Seminario Católico Ucraíno San Xosafat de Washington. Ensinou tamén no St. Basil's College de Filadelfia e na St. Basil's Academy de Stamford.

O 13 de setembro de 1979 foi nomeado arcebispo de Filadelfia,[1][2] e recibiu a consagración episcopal o 12 de novembro de mans do papa Xoán Paulo II, nunha celebración polo rito bizantino.[1] O 7 de marzo de 1980 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv[1][2] xunto a Yosyf Slipyi, a quen sucedeu o 7 de setembro de 1984, converténdose en Arcebispo Maior de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína.[1]

No consistorio do 25 de maio de 1985 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal,[1] co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.

En 1989 as autoridades soviéticas levantaron a prohibición contra a Igrexa Católica Ucraína, e Liubachivskyi, xunto con outros xerarcas, volveu a Lviv dende o exilio o 30 de marzo de 1991.[3]

Finou o 14 de decembro de 2000,[1] e está enterrado na Catedral de San Xurxo de Lviv.

Obra editar

  • Вірую в єдиного Бога: Проповіді і розважання. Toronto. 1978. 
  • Was it Really Russia that was Christianised in 988? (en inglés). Londres: Ukrainian Publishers. 1985.  Ao ano seguinte saíu a edición en ucraíno.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Bräuer, Martin (2014). Handbuch der Kardinäle: 1846-2012 (en alemán). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. pp. 509–510. ISBN 9783110269475. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 New Catholic Encyclopedia: Jubilee Volume, the Wojtyła. New Catholic Encyclopedia (en inglés) (Catholic University of America). 2001. p. 384. ISBN 9780787647872. 
  3. Roberson, Ronald (1999). The Eastern Christian Churches: A Brief Survey. Pontificio Instituto Orientale. p. 167. ISBN 9788872103210. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Joseph Michael Schmondiuk
 Arcebispo de Filadelfia 
19791980
Sucesor:
Stefan Sulyk
Predecesor:
Yosyf Slipyi
 Arcebispo de Lviv dos Ucraínos 
19842000
Sucesor:
Liubomyr Huzar
Predecesor:
Yosyf Slipyi
 Arcebispo Maior de Lviv 
19842000
Sucesor:
Liubomyr Huzar