Mynyddawg Mwynfawr

líder britón do reino de Gododdin

Mynyddog Mwynfawr [1] foi, segundo a tradición galesa que se basea no vello poema en galés medieval coñecido como Y Gododdin, atribuído a Aneirin, un líder britano do reino de Gododdin no Hen Ogledd (sur de Escocia).

A interpretación tradicional de Y Gododdin, aceptada pola maioría dos estudosos, é que Mynyddog é rei de Gododdin, cuxa corte se cadra estaba en Din Eidyn, a moderna Edimburgo. Aparece como o líder da famosa banda guerreira que loitou na batalla de Catraeth no antigo poema galés.

O nome editar

O nome Mynyddog Mwynfawr, traducido como un nome persoal, significaría Mynyddog o Poderoso. O nome Mynyddog é a forma adxectiva de mynydd "montaña" (i.e. "montañoso"). John T. Koch considera que Mynyddog Mwynfawr é un lugar (que significaría aproximadamente "Montaña Poderosa"). Koch afirma que Mynyddog Mwynfawr é unha "kenning" ou personificación que representa Din Eidyn, Gododdin, ou se cadra todo o Vello Norte, e que Gwlyget, descrito como o axudante de Mynyddog, é o gobernante de Gododdin.

Posteridade editar

O popular poeta galés Richard Davies (1833–1877) adoptou o nome Mynyddog como o seu pseudónimo. O emprego de pseudónimos en galés era habitual entre os poetas galeses da súa época.

Bibliografía editar

  • Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydein (University of Wales Press, 1978; nova edición, 1991)
  • Chris Lowe, Angels, Fools and Tyrants: Britons and Saxons in Southern Scotland (Canongate Books and Historic Scotland, 1999)
  • Ifor Williams (ed.), Canu Aneirin (University of Wales Press, 1958). A edición standard de Y Gododdin.

Notas editar

  1. entre as variacións ortográficas deste nome temos: en galés antigo Mynydawc Mwynvawr; en galés medio; Mynyddawg Mwynfawr