Mutilator Defeated at Last

Mutilator Defeated at Last é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock psicodélico Thee Oh Sees, publicado o 18 de maio de 2015 a través do selo Castle Face Records. É o seu décimo disco baixo o nome de Thee Oh Sees.

Mutilator Defeated at Last
Álbum de Thee Oh Sees
Publicado18 de maio de 2015
Estudio(s)The Dock, Sacramento
Xénero(s)garage rock, rock psicodélico
Selo(s)Castle Face Records
Producido por33:18
Cronoloxía
Drop Mutilator Defeated at Last A Weird Exits

O álbum é o primeiro en contar co baixista Tim Hellman e o único en contar co batería Nick Murray; ámbolos dous uníronse á banda para xirar na promoción do seu anterior traballo, Drop (2014). O traballo tamén conta co colaborador habitual Chris Woodhouse, listado entre os membros principais da banda, e co antigo membro Brigid Dawson.[1]

En febreiro de 2016 a banda publicou dúas cancións inéditas das sesións de gravación do álbum, "Fortress" e "Man in a Suitcase".

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Thee Oh Sees. 

N.º Título Duración
1. "Web"   4:58
2. "Withered Hand"   3:30
3. "Poor Queen"   2:20
4. "Turned Out Light"   2:05
5. "Lupine Ossuary"   4:18
6. "Sticky Hulks"   6:50
7. "Holy Smoke"   2:40
8. "Rogue Planet"   1:56
9. "Palace Doctor"   4:40

Notas editar

  1. Nast, Condé. "Thee Oh Sees Announce New Album *Mutilator Defeated At Last*, Share "Web"". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-21.