Mustela nigripes

especie de mustélido

Mustela nigripes é unha especie de mustélido orixinario de América do Norte e Central. Está clasificado como especie en perigo pola IUCN debido ás súas poboacións pequenas e restrinxidas. A especie declinou durante o século XX, principalmente como resultado da diminución das poboacións de cans das pradeiras (Cynomys spp) e polas pestes silvestres. Creuse extinto ata que o can de Lucille Hogg levou un exemplar morto ata a porta da súa casa en Meeteetse, Wyoming, en 1981.[2] A poboación remanente dunhas poucas ducias de touróns durou ata que se considerou a especie como extinta en liberdade en 1996.[3] Porén, o Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos lanzou un programa de cría en catividade e reintroduciu a especie en oito estados dos Estados Unidos, no Canadá e en México dende 1991 a 2009. Existen 1 000 exemplares maduros nados en liberdade divididos en 18 poboacións, con cinco poboacións estables en Dacota do Sur, Arizona e Wyoming.[1][4] Foi clasificado como "especie en perigo" en 1982, "extinto en liberdade" en 1996 e de novo "en perigo" na Lista Vermella da IUCN en 2008.[1]

Mustela nigripes
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Mustela
Especie: M. nigripes
(Audubon e Bachman, 1851)
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

En febreiro de 2021, o primeiro exemplar clonado da especie, unha femia chamada Elizabeth Ann, foi presentada ó público.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Belant, J., Biggins, D., Garelle, D., Griebel, R.G. & Hughes, J.P. (2015). Mustela nigripes. The IUCN Red List of Threatened Species 2015. doi 10.2305/IUCN.UK.2015-4.RLTS.T14020A45200314.en
  2. Black-footed Ferret Recovery Implementation Team Arquivado 19 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Blackfootedferret.org. Consultado o 22 de marzo de 2013.
  3. Encyclopedia Brittanica Online: Black-footed ferret
  4. McLendon, Russell (30 de setembro de 2011). "Rare U.S. ferret marks 30-year comeback". Mother Nature Network. Consultado o 9 de outubro de 2011. 
  5. "Elizabeth Ann the Black-Footed Ferret Is the First-Ever Cloned Endangered U.S. Species". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar