Museo do Ouro Calima

museo arqueolóxico de Colombia

O Museo do Ouro Calima é un museo arqueolóxico dedicado á cultura calima que se atopa no centro histórico de Santiago de Cali, Colombia. O Museo do Ouro Calima foi o noveno museo creado polo Banco da República de Colombia para amosar as expresións artísticas e culturais das poboacións precolombianas. É tamén un dos seis museos do ouro do Banco que existen en Colombia, sendo o principal o Museo do Ouro de Bogotá.

Museo do Ouro Calima
Representación dun indíxena da cultura calima.
CoordenadasCoordenadas: 3°27′00″N 76°32′09″O / 3.4500472222222, -76.535725
País Colombia
CidadeCali
TipoMuseo de Arqueoloxía
DirectorÓscar Dorado
Inauguración9 de maio de 1991
Na rede
http://www.banrepcultural.org/cali/museodelorocalima
editar datos en Wikidata ]

O museo contén 615 pezas precolombianas de ouro, cerámica, pedra, madeira, cunchas e outros materiais creados polas sociedades ilama, yotoco e sonso, que historicamente viviron na rexión.[1] As pezas arqueolóxicas creadas por unha cuarta sociedade coñecida como malagana atópanse no Museo do Ouro de Bogotá. Estas pezas non foron incluídas no museo por mor de limitacións de almacenamento.

A admisión ó museo é de balde para tódolos visitantes[2] e está aberto de xoves a sábado. Existe a opción de visita guiada baixo demanda. O museo atópase no edificio do Banco da República.

Notas editar

  1. "Bienvenidos al Museo del Oro Calima". Bank of the Republic of Colombia. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  2. Leonard, Christan (3 de abril de 2013). "Calima Gold Museum in Cali". Colombia Reports. Consultado o 11 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar