Museo Nacional de Colombia

O Museo Nacional de Colombia é o museo máis antigo de Colombia. O seu acervo divídese en catro coleccións: arte, historia, arqueoloxía e etnografía. A súa colección de arte colombiana, latinoamericano e europeo inclúe pinturas, debuxos, gravados, esculturas, instalacións e artes decorativas dende o período colonial até o presente. O seu inmoble foi orixinalmente a penitenciaría do panoptico, sendo o seu arquitecto o danés Thomas Reed. Fronte ó museo atópase a estación subterránea de TransMilenio que leva o nome de "Museo Nacional".

Museo Nacional de Colombia
Museo Nacional en Bogotá.
CoordenadasCoordenadas: 4°36′56″N 74°04′06″O / 4.6155, -74.0683
País Colombia
CidadeBogotá
TipoMuseo nacional
DirectorDaniel Castro Benítez
Inauguración28 de xullo de 1823
Superficie13.000 m²
Na rede
http://www.museonacional.gov.co/
Twitter: museonacionalco Instagram: museonacionalco Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fundado por Lei do primeiro Congreso da República o 28 de xullo de 1823, o Museo Nacional de Colombia é o máis antigo dos museos do país e un dos máis antigos de América. Durante case dous séculos consagrouse á conservación e divulgación de testemuños representativos dos valores culturais da nación colombiana.

Abriu as súas portas ó público o 4 de xullo de 1824, data en que o vicepresidente, xeral Francisco de Paula Santander declarouno oficialmente creado, sendo o seu primeiro director o científico e anticuario peruano Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz. Rivero fora contratado en maio de 1822 en París por Francisco Antonio Zea, Ministro Plenipotenciario de Colombia, a fin de constituír unha Escola de Minaría e un Museo de Historia Natural na capital da nova república. O Museo Nacional de Colombia instalouse inicialmente na Casa Botánica, a cal albergaba a colección de historia natural reunida por José Celestino Mutis e que coidaban os seus discípulos. Co tempo, a estas pezas sumáronse outras de carácter arqueolóxico, histórico e artístico.

A devandita penitenciaría, deseñada por Thomas Reed na década de 1850 e construída a partir do 1 de outubro de 1874, foi a prisión máis importante do país durante case 72 anos. Porén, en 1946 os reclusos foron trasladados ó novo cárcere La Picota e o Goberno destinou o edificio para albergar o Museo Nacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar