Murray Street

álbum de Sonic Youth de 2002

Murray Street é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado a comezos de xuño do 2002 no Xapón, o día 10 en Europa e o en Norteamérica[1]. O disco recibiu moi boas críticas e foi o primeiro con Jim O'Rourke como membro da banda.

Murray Street
Álbum de Sonic Youth
Publicadoxuño de 2002
Gravaciónagosto de 2001 - marzo de 2002
Duración45:37
53:11 (CD Xapón)
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)DGC/Interscope
Producido porSonic Youth
Cronoloxía
NYC Ghosts & Flowers Murray Street In the Fishtank 9

Algunhas copias francesas do álbum veñen cun vinilo de 10" azul nunha edición limitada de 500 exemplares . Tiña tres temas exclusivos, sacados de traballos da banda para bandas sonoras, "Derniere Minute Electrifee" na cara A, e "Le Paysage Zim Zum" e "Coca Neon Kamera Sutra" na B.

Membros do grupo de noise/improvisación Borbetomagus aparecen no tema "Radical Adults Lick Godhead Style". Unha das rapazas que aparece na fotografía da portada é Coco Hayley Gordon Moore, a filla de Thurston Moore e Kim Gordon. A outra nena que aparece é unha amiga de Coco chamada Stella. A contraportada ten unha fotografía dun edificio de oficinas situado no cruzamento entre Murray Street e West Broadway, preto da Zona Cero de Manhattan. O estudio de Sonic Youth entre 1996 e 2006, chamado Echo Canyon, estaba situado en Murray Street.

Pitchfork Media situou a Murray Street no número 108 da súa lista dos 200 mellores álbums dos anos 2000[2].

Lista de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth

N.º Título Duración
1. "The Empty Page" (letra/voces Moore, coros Ranaldo) 4:20
2. "Disconnection Notice" (letra/voces Moore) 6:24
3. "Rain on Tin" (letra/voces Moore)
(Tema 4 no vinilo)
7:56
4. "Karen Revisited" (letra/voces Ranaldo)
(Tema 3 no vinilo)
11:10
5. "Radical Adults Lick Godhead Style" (letra/voces Moore, coros Gordon) 4:27
6. "Plastic Sun" (letra Moore, voces Gordon) 2:14
7. "Sympathy for the Strawberry" (letra/voces Gordon) 9:06
45:37

Canción extra da edición xaponesa

N.º Título Duración
8. "Street Sauce"   7:34

Notas editar

  1. "Murray Street en sonicyouth.com". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 02 de abril de 2012. 
  2. "Pitchfork Media - The Top 200 Albums of the 2000s". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 02 de abril de 2012.