Murasaki Shikibu (紫式部), dama da corte xaponesa a mediados da era de Heian (século X-XI), é sobre todo coñecida pola súa novela A historia de Genji (源氏物語, Genji monogatari).

Murasaki Shikibu
Nome completo藤原 香子
AlcumeMouraçaki Shikibou
Nacemento973, 978, 972, 974, 975, 970 e anos 970xuliano
 Heian-Kyo
Falecemento1014, c. 1016, 1031, 1019 e século XIxuliano
 Heian-Kyo
Ocupacióndama de companhia, novelista, poeta, escritora, autora de diarios e filósofa
PaiFujiwara no Tametoki
NaiFujiwara no Tamenobu's daughter
CónxuxeFujiwara Nobutaka
FillosDaini no Sanmi
Coñecido/a porGenji Monogatari, The Diary of Lady Murasaki e Poetic Memoirs
Na rede
IMDB: nm0613556 Last fm: 紫式部 Musicbrainz: ff88b821-286e-4a31-b418-836751a972fa IMSLP: Category:Murasaki_Shikibu WikiTree: Fujiwara-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Murasaki Shikibu

Foi coñecida inicialmente como Tō-shikibu (藤 式部) - un nome nyōbo creado a partir do rango do pai, Tō (藤), de onde Tō-shikibu do apelido paterno (藤原) e relacionado cun título (shikibu-taijō, 式部大丞) cortesán - , mais o seu posterior nome propio "Murasaki", que quere dicir "púrpura", procede dun alcuño que lle deron na corte, tomado dun personaxe do mesmo "Genji monogatari", que causara unha grande impresión no público.

Filla de Tametoki Fujiwara, dignatario da corte, casou con Nobutaka Fujiwara, mais loguiño enviuvou, entrando ao servizo dunha das dúas emperatrices-consortes do emperador Ichijō, Shōshi. Durante este período, altos dignatarios como Fujiwara no Michinaga (藤原道長) emprestáronlle atención.

A súa obra principal, considerada como unha obra-mestra da literatura do seu país é A historia de Genji. Ademais legou outra obra, un dietario íntimo (紫式部日記, Murasaki Shikibu nikki), e unha colección de poemas que fixo que fose considerada como un dos trinta e seis grandes poetas da época.

Véxase tamén editar