Murallas do Porto
As murallas do Porto (en portugués: 'muralhas do Porto') son as fortificacións que protexían e arrodeaban a cidade de Porto, Portugal. Dita cidade contou con dúas murallas defensivas. A máis antiga e cativa, a muralla primitiva, (muralha primitiva), tamén chamada cerca vella, (cerca velha), muralla románica, (muralha românica) ou muralla sueva, (muralha sueva), é de orixe romana do século III. As segundas, chamadas murallas fernandinas, (muralhas fernandinas), murallas góticas, (muralhas góticas) ou cerca nova, son do século XIV, comezadas a construír polo rei Afonso IV de Portugal e rematadas durante o reinado de Fernando I, de quen toman o nome. Ámbalas murallas forman parte do conxunto do Centro histórico do Porto, declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Murallas do Porto | |
---|---|
Murallas fernandinas, Porto. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 41°8′30″N 8°37′0″O / 41.14167, -8.61667 |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iv) |
Inscrición | 1996 (sesión XX) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 755 |
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Murallas do Porto |
Ligazóns externas editar
- Instituto da Habitação e da Reabilitação Urbana. Inventario do Patrimonio Arqueolóxico de Portugal.
- Instituto de Xestión do Patrimonio Arquitectónico e Arqueolóxico. Ministerio de Cultura de Portugal.