Mundo de A Song of Ice and Fire

mundo ficticio da saga A Song of Ice and Fire

O mundo ficticio de A Song of Ice and Fire, no que as novelas de George R. R. Martin teñen lugar, está dividido en varios continentes. A meirande parte da historia ocorre no continente de Westeros, que está dividido nos Sete Reinos (o Norte, as Illas de Ferro, o Val de Arryn, as Terras do Oeste, as Terras da Tormenta, as Terras da Coroa e Dorne) e nunha área sen cartografar no norte, separada por un enorme muro de xeo. O vasto continente de Essos está separado de "Westeros" polo mar Estreito ("Narrow Sea"). As nacións estranxeiras máis achegadas a Westeros son as "Cidades Libres", un grupo de cidades estado independentes situadas na costa oeste do continente. As terras da liña costeira sur, chamadas as do mar de Verán, inclúen a baía dos Escravos e as ruínas de Valyria, o antigo fogar dos reis Targaryen. Ó sur de Essos atópase o continente de Sothoryos e Ulthos, que na narración está inexplorado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar