Mundial de Fútbol de 1930

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Mundial de Fútbol Uruguai 1930»)

O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo.[1] A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam.[2] Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.[3]

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1930
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes13 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Pocitos (Montevideo)
Estadio Centenario (Montevideo)
Estadio Gran Parque Central (Montevideo) Editar o valor em Wikidata
PaísUruguai Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo13 de xullo de 1930 – 30 de xullo de 1930 Editar o valor em Wikidata
Número de edición1  (1930) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoUruguai Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos18 Editar o valor em Wikidata
Goles70 Editar o valor em Wikidata
GolGuillermo StábileArxentina (8)
Xogador Máis ValiosoJosé Nasazzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores590.549 Editar o valor em Wikidata

Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e ao custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e os Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.

As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.[4]

Antecedentes editar

Dende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos. En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para afeccionados», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.

Tras o paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á do Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país suramericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da primeira guerra mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización no Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.

O boicot editar

 
Países participantes no torneo, coloreados de acordo ao seus resultados no torneo.

Trala adxudicación do torneo ao Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.

Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.

Equipos participantes editar

Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4
  Arxentina
  Chile
  Francia
  México
  Bolivia
  Brasil
  Iugoslavia
  Perú
  Romanía
  Uruguai
  Bélxica
  Estados Unidos
  Paraguai

Sedes editar

 
O Estadio Centenario foi a sede da maioría dos partidos do torneo.
 
O Gran Parque Central foi onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais, entre Estados Unidos e Bélxica
Cidade Estadio Capacidade
Montevideo Estadio Centenario 65.000
Estadio Gran Parque Central 20.000
Estadio Pocitos 10.000

Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentro destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.

Resultados editar

Os horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)

Primeira fase editar

Grupo 1 editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Arxentina 6 3 3 0 0 10 4 6
  Chile 4 3 2 0 1 5 3 2
  Francia 2 3 1 0 2 4 3 1
  México 0 3 0 0 3 4 13 -9


Francia 4 - 1 México 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai)
Laurent   19'
Langiller   40'
Maschinot   43'   87'
Informe
Carreño   70'
 
Arxentina 1 - 0 Francia 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 3.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Monti   81' Informe
 


Chile 3 - 0 México 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 500
Árbitro: Henry Christophe (Bélxica)
Subiabre   3'   52'
Vidal   65'
Informe
 
Chile 1 - 0 Francia 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 2.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Subiabre   65' Informe
 


Arxentina 6 - 3 México 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia)
Stábile   8'   17'   80'
Zumelzú   12'   55'
Varallo   53'
Informe
Rosas   42' (pen.)   65'
Gayón   75'
 
Arxentina 3 - 1 Chile 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Stábile   12'   13'
Evaristo   51'
Informe
Subiabre   15'
 

Grupo 2 editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Iugoslavia 4 2 2 0 0 6 1 5
  Brasil 2 2 1 0 1 5 2 3
  Bolivia 0 2 0 0 2 0 8 -8


Iugoslavia 2 - 1   Brasil 14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Tirnanić   21'
Bek   30'
Informe
Preguinho   62'
 
Iugoslavia 4 - 0 Bolivia 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai)
Bek   60'   67'
Marjanović   65'
Vujadinović   85'
Informe
 
Brasil 4 - 0 Bolivia 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.200
Árbitro: John Balway (Francia)
Moderato   37'   73'
Preguinho   57'   83'
Informe
 

Grupo 3 editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
  Uruguai 4 2 2 0 0 5 0
  Romanía 2 2 1 0 1 3 5
  Perú 0 2 0 0 2 1 4


Romanía 3 - 1 Perú 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 300¹
Árbitro: Alberto Warnken (Chile)
Deşu   1'
Barbu   85'
Stanciu   85'
Informe
Souza   75'
 
Uruguai 1 - 0 Perú 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 70.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Castro   65' Informe
 
Uruguai 4 - 0 Romanía 21 de xullo de 1930Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Dorado   7'
Scarone   26'
Anselmo   31'
Cea   35'
Informe
 
¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.

Grupo 4 editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
  Estados Unidos 4 2 2 0 0 6 0
  Paraguai 2 2 1 0 1 1 3
  Bélxica 0 2 0 0 2 0 4


Estados Unidos 3 - 0 Bélxica 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 10.000
Árbitro: José Macías (Arxentina)
McGhee   41'   45'
Patenaude   88'
Informe
 
Estados Unidos 3 - 0 Paraguai 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: José Macías (Arxentina)
Patenaude   10'   15'   50' Informe
 
Paraguai 1 - 0 Bélxica 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 900
Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai)
Vargas Peña   40' Informe
 

Segunda fase editar

  Semifinais Final
             

Montevideo, 26 de xullo

   Uruguai 6  
   Iugoslavia 1  
 

Montevideo, 30 de xullo

       Uruguai 4
     Arxentina 2

Montevideo, 27 de xullo

   Arxentina 6
   Estados Unidos 1  

Semifinais editar

Arxentina 6 - 1 Estados Unidos 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Monti   20'
Scopelli  56'
Stábile   69'   87'
Peucelle   80'   85'
Informe
Brown   89'
 


Uruguai 6 - 1 Iugoslavia 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Cea   18'   67'   72'
Anselmo   20'   31'
Iriarte   61'
Informe
Sekulić   4'
 

Terceiro posto editar

Iugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, os Estados Unidos obtiveron o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.[5]

Final editar

Uruguai 4 - 2 Arxentina 30 de xullo de 1930, 14:15 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Dorado   12'
Cea   57'
Iriarte   68'
Castro   89'
Informe
Peucelle   20'
Stábile   37'
 


Campión do Mundo
 
Uruguai
Primeiro título

Goleadores editar

Con oito goles, o arxentino Guillermo Stábile foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 70 goles por 36 xogadores, dos cales un foi considerado en propia meta.

8 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva editar

 
O redondelán Pedro Cea, segundo máximo goleador do Mundial.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[6] A clasificación de 1930 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1   Uruguai 3 4 4 0 0 15 3 +12 8
2   Arxentina 1 5 4 0 1 18 9 +9 8
3   Estados Unidos 4 3 2 0 1 7 6 +1 4
4   Iugoslavia 2 3 2 0 1 7 7 0 4
Eliminados na fase de grupos
5   Chile 1 3 2 0 1 5 3 +2 4
6   Brasil 2 2 1 0 1 5 2 +3 2
7   Francia 1 3 1 0 2 4 3 +1 2
8   Romanía 3 2 1 0 1 3 5 −2 2
9   Paraguai 4 2 1 0 1 1 3 −2 2
10   Perú 3 2 0 0 2 1 4 −3 0
11   Bélxica 4 2 0 0 2 0 4 −4 0
12   Bolivia 2 2 0 0 2 0 8 −8 0
13   México 1 3 0 0 3 4 13 −9 0

Notas editar

  1. "1930 FIFA World Cup Uruguay". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  2. Combe, Eduardo (4 de xaneiro de 2018). "¿Qué país organizó el primer Mundial de la historia, en 1930?" [Que país organizou o primeiro Mundial da historia en 1930?]. depor.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  3. "Estadio Centenario". Stadium Guide (en inglés). 
  4. "World Cup 1930 Uruguay. Top Scorer". World Football (en inglés). 
  5. "Historia dos Mundiais". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2010. 
  6. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar