Muller con cafeteira

pintura de Paul Cézanne

Muller con cafeteira é un cadro do pintor francés Paul Cézanne, coñecido en francés como La Femme à la cafetière. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 130,5 cm de alto e 96,5 cm de largo. Foi pintado entre 1890 e 1895. Actualmente, atópase no Museo de Orsay, París, Francia.

Muller con cafeteira
(La Femme à la cafetière)
ArtistaPaul Cézanne
Data1890-1895
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións130,5 cm cm × 96,5 cm cm
LocalizaciónMuseo de Orsay

É un cadro producido na década de 1890, época de madurez do pintor. Como na súa obra Os xogadores de naipes, tamén aquí o personaxe está fortemente ancorado no seu decorado.[1] Neste caso trátase da gobernanta do pintor, que se atopa nun interior doméstico. O pintor retratouna sentada sobre un punto de apoio que non se ve, vestida de azul e cunha expresión severa.

Sobre o fondo hai unha porta de madeira, namentres que na súa esquerda vese unha mesa cunha cafeteira e mais unha cunca cunha culler, unha auténtica natureza morta[2] por si mesma. No bordo esquerdo da tea, hai unhas rosas adornándoa.

Na súa tea Cézanne non pretende unha reprodución exacta, fotográfica, do modelo. Buscaba experimentar as leis da súa pintura, construír a verdade cos seus propios medios artísticos. Para caracterizar ao personaxe retratado bástalle a actitude equilibrada e maila fisonomía simplificada da muller. A persoa produce así a mesma impresión que o bodegón sobre a mesa.[2]

Notas editar

  1. P. F. R. Carrassat, Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7
  2. 2,0 2,1 Christa von Lengerke, «Del Impresionismo al Art Nouveau» en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, pág. 511, ISBN 3-8228-4744-5

Ligazóns externas editar