O movemento valón é un movemento político que defende a existencia dunha identidade valoa e de Valonia como entidade territorial e defende a lingua e a cultura francesa dentro de Bélxica. O movemento empezou como defensa da primacía do francés, pero máis tarde fixou obxectivos políticos e socioeconómicos.

Bandeira de Valonia, tamén empregada polo movemento valón.[1]

Historia editar

Os historiadores están de acordo en que o movemento político valón comezou en 1880 coa fundación dun "movemento de defensa valón e francófono" despois das primeiras leis lingüísticas da década de 1870. Para os historiadores como Lode Wils, o movemento naceu como un movemento de colonización administrativa de Flandres.[2] Tomou entón o carácter dun movemento que afirmaba a existencia de Valonia e unha identidade valoa sen renunciar á defensa de Francia. Valonia foi reivindicada de xeito tímido dende 1898, mais converteuse na principal reclamación dende 1905 cun clímax no Congreso de Valonia de 1912 e na "Carta ao rei" de Jules Destrée.

A primeira guerra mundial e unha reactivación do patriotismo belga supuxeron un freo ao movemento e este desactivouse. Os militantes valóns uníronse na década de 1930 baixo o patrocinio da Concentración valoa, onde naceron de novo as ideas radicais de 1912, dando lugar ás leis lingüísticas de 1932. Durante a segunda guerra mundial, varios activistas distinguíronse na Resistencia formando varias agrupacións clandestinas. Esta guerra mundial radicalizou aínda máis o movemento que, por primeira vez, fala de ideas de independencia, e que conducirá á súa participación activa na Real Cuestión en 1950. Logo segue unha pausa dunha década que remata coa folga xeral de inverno de 1960 – 61 con André Renard, quen uniou o movemento valón coas reivindicacións dos traballadores. A Lei Gilson do 8 de novembro de 1962 e a transferencia de Voeren da Provincia de Liexa a Provincia de Limburgo deu lugar a unha loita política e lingüística con algunha violencia durante os anos 70 e 80.[3] Voeren aínda é considerado polos activistas valóns como parte da Valonia ocupada por Flandres.[4]

Notas editar

  1. Fédération Wallonie Bruxelles (ed.). "Le drapeau officiel - Fédération Wallonie-Bruxelles" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2014. 
  2. Lode Wils, Histoire des Nations belges , Ed. Trabajo, 2005, p. 207. (en francés)
  3. Anderson, Liam (2013). Soluciones Federales para Problemas Étnicos: Acomodando la Diversidad. Exeter Studies in Ethno Politics. Routledge. p. 29. ISBN 978-0-415-78161-9. 
  4. José Happart inaugurou unha xunta de irmandamento coa comuna de Vellerat coa inscrición "occupés par la Flandre" (ocupada por Flandres) php / histoire / les-fourons Commune de Vellerat - Les Fourons (en francés)