Movemento rectilíneo uniforme

O movemento rectilíneo uniforme dun punto en relación a un referencial S ten lugar cando nese mesmo espazo o punto se move en liña recta con velocidade constante, é dicir, con aceleración nula.

Movemento rectilíneo uniforme. Representación gráfica da posición, velocidade e aceleración dun móbil en función do tempo.

En termos matemáticos, se for a posición do punto e o tempo:

ou

A distancia percorrida calcúlase multiplicando a magnitude da velocidade polo tempo transcorrido. Esta relación tamén é aplicable se a traxectoria non é rectilínea, con tal que a velocidade sexa constante.

A velocidade pode ser nula (repouso), positiva ou negativa. Polo tanto, o movemento pode ter dous sentidos; unha velocidade negativa representa un movemento en dirección contraria ao sentido que teñamos aceptado como positivo.

O MRU caracterízase por:

  • Movemento que se realiza sobre unha liña recta.
  • Velocidade constante; implica magnitude e dirección constantes.
  • Aceleración nula.

Ecuacións do movemento editar

Sabemos que a velocidade   é constante; isto significa que non existe aceleración.

Entón, a posición   no instante   vén dada por:

 

onde   é a posición inicial.

Representación gráfica do MRU editar

Na representación da gráfica da velocidade en función do tempo obtense unha recta paralela ás abscisas (tempo). Ademais, a área baixo a recta producida representa a distancia percorrida.

A representación gráfica da distancia andada en función do tempo dá lugar a unha recta que ten como pendente o valor da velocidade.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Antonio Máximo, Beatriz Alvarenga (2004). Física General. México D.F.: Oxford University Press. ISBN 970-613-147-7.  (en castelán)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar