Movemento Revolucionario Túpac Amaru

O Movemento Revolucionario Túpac Amaru (en español, Movimiento Revolucionario Túpac Amaru, MRTA) foi un grupo revolucionario marxista de carácter armado activo no Perú desde os primeiros anos da década de 1980 ata 1997 e un dos principais contendentes no conflito armado interno no Perú.

Bandeira do MRTA

O seu primeiro dirixente foi Víctor Polay Campos (camarada "Rolando"), ata o seu arresto[1] en 1992 e de seguido asumiu o mando Néstor Cerpa Cartolini (camarada "Evaristo") ata que morreu en 1997. O seu nome venlle de Túpac Amaru II, un líder rebelde do século XVIII que se considerou descendente de Túpac Amaru, o derradeiro dirixente dos Incas. MRTA tivo a consideración de organización terrorista polo goberno peruano, o departamento de estado norteamericano e o Parlemento Europeo[2][3]. Na súa época de maior apoxeo tivo varios centos de membros activos que tiñan como meta o establecemento dun estado socialista e liberar o país de todos os elementos imperalistas.

Notas editar

  1. "Corte Suprema incrementa condenas a Víctor Polay y a cúpula del MRTA". Peru21 (en castelán). 24 June 2008. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 4 August 2009. 
  2. US Department of State. "U.S. Department of State Country Reports on Terrorism 2006 - Peru". Consultado o 4 August 2009. 
  3. "MRTA será incluido en la lista de terroristas". El Comercio (en castelán). 8 May 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 4 August 2009.