Movemento Internacional Somos Igrexa
O Movemento Internacional Somos Igrexa (en inglés: International Movement We are Church) é unha rede internacional de grupos independentes e autónomos que traballan pola reforma da Igrexa Católica afondando nas decisións do Concilio Vaticano II. O movemento xurdiu en 1995 en Austria co nome de Wir sind Kirche, estendéndose a Alemaña e Tirol do Sur, creándose o 25 de novembro de 1996 o Movemento Internacional Somos Igrexa sobre a base da Declaración de Roma que axunta cinco demandas:
- Participación do pobo de Deus na elección dos bispos.
- Acceso das mulleres ao sacerdocio.
- Celibato opcional para os sacerdotes.
- Actitude positiva cara a sexualidade.
- Mensaxe de alegría e non de condena.
Movemento Internacional Somos Igrexa | |
---|---|
Tipo | asociación e Christian movement |
Data de fundación | 1995 |
Sede | Böblingen e Francia |
País | Alemaña, Austria e Francia |
Na rede | |
http://www.we-are-church.org/ e https://www.wir-sind-kirche.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cada grupo local pode ter outras demandas pero son esas cinco sobre as que traballa o movemento internacional. En Galicia Somos Igrexa Galicia fai parte da Coordinadora de Crentes Galegos [1] que avoga pola desaparición dos crucifixos das escolas e defende un novo sistema económico[2].