Mount Vernon é unha herdade privada na que viviu durante un tempo George Washington ata a súa morte en 1799, e alí é onde se atopa a súa tumba. Hoxe en día o lugar pertence ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.

Vista da herdade desde o río.

Está situada preto de Alexandria, no condado de Fairfax (Virxinia). Á outra beira do río Potomac está o condado de Prince George (Maryland).

Nome editar

 
Sepulcro de George e Martha Washington en Mount Vernon.

Cando os antepasados de George Washington adquiriron a leira, era coñecida como plantación de Little Hunting Creek segundo o próximo río Little Hunting Creek.[1] Ao herdar o seu medio irmán máis vello Lawrence Washington a leira, cambiou o nome a Mount Vernon en honor do vicealmirante Edward Vernon, famoso pola Guerra do Asento e a captura de Portobelo (provincia de Colón, Panamá), a quen admiraba moito.[2] Vernon foi o oficial comandante de Lawrence na Mariña Real británica e cando George Washington herdou a propiedade conservou o nome.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Frank Grizzard, George!: A Guide to All Things Washington, Mariner Companies, 2005
  2. Universidad de Virginia: The Papers of George Washington Arquivado 30 de maio de 2013 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar