Motocrós

(Redirección desde «Motocross»)

O motocrós é unha disciplina motociclista que se desenvolve en circuítos sen asfaltar ou en campo a través e na cal os diferentes participantes disputan unha carreira co obxectivo de finalizar en primeira posición á hora de chegar á meta. É unha das modalidades máis espectaculares do motociclismo. Combina a velocidade coa destreza necesaria para controlar a moto ante as irregularidades naturais (e nalgúns casos artificiais) do terreo, con curvas pechadas, cotarelos, fochancas, cambios bruscos de rasante, cursos de auga e sobre unha superficie de terra que, xeralmente, se atopa enlamada coa finalidade de evitar o perigo que supón o po. Todo iso fai que nas carreiras de motocrós se sucedan saltos e derrapes.

O motocrós demanda moita resistencia e fortaleza física do piloto. Unha moto de cros/enduro de competición é capaz de desenvolver unha aceleración en tramos curtos comparable aos mellores automóbiles deportivos, sen a comodidade de ir sentado e sobre terreo moi áspero; isto deriva nun traballo constante de todos os músculos do corpo, en especial dos brazos e costas. O circuíto español onde recae o mundial de motocrós é Bellpuig (Lleida).

Variantes e derivados do motocrós editar

Co paso do tempo e o avance da tecnoloxía esta disciplina pasou a ser moito máis espectacular, xa que permite saltos máis longos e máis altos e derivou en distintas disciplinas paralelas, como o freestyle ou o supermotard. Esta última é unha disciplina moi similar ao motocrós pero que se realiza sobre terreo mixto (asfalto e terra); xa que logo, as motocicletas e o equipamento de protección do piloto son unha mestura entre os de motocrós e de motociclismo de velocidade. A variante do freestyle consiste en que cunha moto similar ás de motocrós(normalmente con motor 250cc de dous tempos) e co gardalama de atrás recortado han de facer saltos e acrobacias no aire, canto máis espectaculares máis puntúan e puntúan, aínda máis se as acrobacias fanas sen suxeitar o guiador da moto.

Tamén existe outra disciplina parecida ao motocrós chamada "supercrós", que se disputa en recintos máis pequenos (normalmente rodeados de tribunas ou interiores de instalacións fixas), e os cotarelos de terra onde os pilotos saltan sobre as súas motos son moito máis grandes e distribuídos especificamente para esta especialidade.

Competicións editar

O Campionato Mundial de Motocrós é a principal competición de motocrós do mundo. Organízao a FIM e celébrase principalmente en Europa, pero tamén inclúe probas en América do Norte, América do Sur, Asia, Oceanía e África.[1] Tamén a FIM organiza o Motocrós das Nacións, unha competición por equipos na que compiten diversas seleccións nacionais con tres pilotos cada unha, cada un con motos de categorías diferentes.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. "Calendario 2019". www.mxgp.com (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2019. 

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.