Mota é un volcán extinto nas Illas Banks na provincia de Torba no norte de Vanuatu.

Mota
Localización da illa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaTorba
ArquipélagoIllas Banks
MarOcéano Pacífico
Coordenadas13°51′S 167°42′L / -13.850, -167.700
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie9´5 km²
Longura máxima5 km.
Largura máxima4´5 km.
Punto máis alto411 m. Monte Tawe
Demografía
CapitalVeverao
Poboación683 hab. (2009)
Densidade72 hab./km² hab./km²

Nas aldeas costeiras da illa viven 683 persoas. Os nomes das aldeas son Liwotqei, Lotawan, Mariu, Tasmate, Garamal, Tuqetap e Veverao.

Foi descuberta pola expedición española de Pedro Fernández de Quirós o 25 de abril de 1606 e chamárona Nuestra Señora de la Luz.[1]

A illa é famosa pola súa lingua foi utilizado polos primeiros misioneiros en Melanesia. Durante un século a partir de 1849, a maioría do ensino nas aulas e escolas de todo tipo, e a maioría das oracións e himnos desde Isabel nas Illas Salomón ata Pentecoste en Vanuatu fíxose na lingua desta pequena illa. Algunhas palabras Mota aínda se coñecen en todo o arquipélago melanesio, por exemplo, Tasiu (irmán, tomado aquí no sentido relixioso de "membro dunha irmandade" é dicir, a Irmandade melanesia)

O famoso misioneiro Juan Coleridge Patteson viviu en Mota, na vila de Veverao. O primeiro sacerdote Melanesio, 0 Pai George Sarawia era de Mota, e os primeiros bautismos cristiáns, a Eucaristía e Confirmacións fixéronse alí. Mota é xeralmente considerada a primeira illa melanesia en converterse ao cristianismo, aínda que a obra misioneira comezou un ano máis tarde que en Aneityum.

Todos os habitantes de Mota son cristiáns, anglicanos da Igrexa da Provincia de Melanesia. Os grandes días de festa son días santos da igrexa de cada aldea da illa. Con todo, kastom, é dicir, a tradición melanesia, aínda significa moito para os insulares.

Na actualidade, a illa está gobernada por un consello de xefes elixidos de cada pobo. Hai unha escola, Escola Primaria de Pasaleli, oficialmente chamada Escola Panel. Hai un dispensario onde vive unha enfermeira, existe un teléfono público na illa. Tamén hai pequenos asentamentos de nativos de Mota en Santo, especialmente en Lorevilko e Turtle Bay, e en Port Vila.

Notas editar

  1. Saint-Martin, M. Vivien de Nouveau dictionaire de géographie universelle Paris, 1879-1895, vol III, p.1029.

Ligazóns externas editar