Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares

construción relixiosa en Ferreira de Pallares, Guntín

O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares é un mosteiro medieval situado na parroquia de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín.

Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares
PaísEspaña
LocalizaciónFerreira de Pallares (Guntín)
Coordenadas42°52′53″N 7°40′44″O / 42.88138889, -7.67888889Coordenadas: 42°52′53″N 7°40′44″O / 42.88138889, -7.67888889
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fundouse no ano 909 polos condes don Ero Fernández e dona Laura; aínda que, o mosteiro existía antes da doazón de Ero e Elvira, pese a que a importancia da doazón fixo que os considerasen fundadores.A súa netaa condesa Ocrocia Gosteez ergeuse contra o rei Fernando I de León.

Desde principios do século X, as doazóns ao mosteiro prodíganse, igual que no século XI e continúan no século XII coas de Afonso VII, Afonso XI, Fernando Muñiz, a condesa Fronilde e Afonso IX.

Ao longo do século XIII, o patrimonio do mosteiro segue aumentando grazas a doazóns e permutas, coma a realizada co bispo de Lugo, Martín, o 18 de xaneiro de 1228, ou mediante compra (a do abade Martín o 3 de febreiro de 1228). A posesión destes bens non foi sempre pacífica e ás veces tivo que intervir o propio monarca. A protección real foi continua: Sancho IV, Fernando IV, Afonso XI, Pedro I e Xoán I confirmaron e sentenciaron en varias ocasións a favor do cenobio.

Cando, a petición dos Reis Católicos, se leva a cabo a reforma dos mosteiros galegos, Ferreira de Pallares foi anexionado por San Xián a Samos no ano 1517. A anexión foi sancionada pola bula de León X. Desde este momento queda como priorado dependente do mosteiro de Samos ata a exclaustración do ano 1835.

Na actualidade é unha simple parroquia da diocese de Lugo.

A igrexa mosteiro é, segundo Yepes, unha das mellores de todo o bispado de Lugo. Nela mestúranse fórmulas e solucións románicas con outras protogóticas. Conserva dous sepulcros do gótico flamíxero da liñaxe dos Rodeiro.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar