Morte accidental dun anarquista

Morte accidental dun anarquista, en italiano Morte accidentale di un anarchico, é unha comedia de Dario Fo, representada por vez primeira en Varese o 5 de decembro de 1970 por Fo e a súa compañía "La Comune".

Morte accidental dun anarquista
Autor/aDario Fo
OrixeItalia
Lingualingua italiana
Xénero(s)Comedia
Data de pub.1970
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A comedia está dedicada á "morte accidental", como ironicamente recorda o título do texto, do anarquista Giuseppe Pinelli o 15 de decembro de 1969 na comisaría de Milán en circunstancias inicialmente non claras, caendo da fiestra do cuarto piso durante o seu interrogatorio. A investigación foi arquivada polo Poder Xudicial, e despois da violenta campaña política que seguiu o caso, o comisario de policía Luigi Calabresi foi asasinado.

O esquema do espectáculo custoulle a Fo máis de corenta procesos en varias partes de Italia: para evitar problemas deste tipo para a posta en escena da obra, cambiou a localización da acción de Italia aos Estados Unidos de América, onde nos anos vinte, na cidade de Nova York, tivera lugar un suceso similar coa morte de Andrea Salsedo, un amigo de Bartolomeo Vanzetti.

A comedia naceu e desenvolveuse a través de materiais atopados polo matrimonio Fo (procesos persoais, artigos de prensa, entrevistas) e foi mudando a obra segundo ían aparecendo novas sobre o caso, contribuíndo a intensificar a acción. Entre 1970 e 1973 manexou tres proxectos de traballo.

Trama editar

A acción comeza nunha sala da comisaría de Milán. O fío condutor da comedia baséase na ameaza do comisario Bertozzo de prender unha persoa, que resulta estar tola. O home tolo foi detido por mor dunha enfermidade imaxinaria, a istriomanía, a necesidade imparable de representar a outras persoas. Impacientado polo rocambolesco raciocinio do tolo, Bertozzi marcha do despacho, deixando só ao tolo na súa sala con algúns documentos importantes relacionados coa morte dun anarquista que caeu dunha fiestra durante un interrogatorio da policía en circunstancias pouco claras.

Na escena seguinte, noutra sala da policía, o louco fai crer ao comisario e ao comisario xefe (transposición de Luigi Calabresi) que é o Inspector do Ministerio, chegado para reabrir o caso da morte do anarquista. Finxindo buscar unha solución axeitada para todos, coma se aceptase todas as contradicións da acta oficial, fai unha parodia das declaracións oficiais dos presentes no evento.

Con todo, sucede que o comisario debe recibir unha xornalista, María Feletti, coñecida pola súa teimosía á hora de pór en dúbida as declaracións sobre o caso coa intención de descubrir a verdade. Mentres o comisario decide adiar a entrevista, o Louco suxire que non o fagan: el farase pasar polo xefe da policía científica, o doutor Piccinni, de modo que, se o artigo non debe ser aceptable para o xefe, pode facilmente refutar a veracidade das afirmacións da xornalista poñéndoos diante do Piccinni real. O comisario xefe e o comisario, aínda sen coñecer a enfermidade do tolo, apoian a súa idea, e deciden tratar coa xornalista.

A chegada de Bertozzo, que recoñece ao tolo, crea unha situación de comedia de equívocos, xa que ninguén cre o que di, mentres o louco segue a facer un xogo dobre: por unha banda, finxindo que queren preservar as caras dos representantes da orde, pero realmente fai provocacións directas para premer as alegacións de xornalista, que considera que o anarquista foi asasinado.

Bertozzo insiste e a xornalista comeza a sospeitar que está mentindo: o tolo, entón, disfrázase de novo, converténdose en bispo.

Chegado certo punto, todos os presentes escorrentan: vaise a luz e de socato escóitase un berro do tolo. Ao volver a luz, a xornalista pode abrir a fiestra e mira que o louco caeu pola xanela. Convéncese de que a caída do anarquista puido ser accidental, mudando de ideas por mor dunha estratexia de Bertozzo para darlle un bico.

A obra remata coa chegada dun home con barba, que todos consideran que é o tolo, pero é o auténtico Inspector do Ministerio: todos, resignados, din "comezamos de novo".

Existe outro final alternativo que non inclúe o salto do tolo pola ventá, senón a declamación dun epílogo revelando o que é, exhortando aos presentes na confesión dos verdadeiros acontecementos sobre a morte do anarquista. Só coa eclosión do escándalo, a sociedade italiana puido de feito acadar a rabia, o "grito liberatorio" reclamando a verdade e iniciando un proceso de democratización social.

Contexto histórico editar

As circunstancias da caída que causou a morte levantaron continuas sospeitas, por mor de certas circunstancias, como o clima de tensión vivido na Lombardía despois do masacre da Piazza Fontana do 12 de decembro de 1969, polo que os anarquistas foron culpados.

A morte de Pinelli foi oficialmente atribuída a "malore attivo" (un arrebato); a investigación do xuíz Gerardo D'Ambrosio descartou a posibilidade de suicidio e asasinato.

Versión galega editar

A obra foi traducida e levada a escena por Teatro do Morcego baixo dirección de Xoán Cejudo, coa actuación de Celso Parada, Miro Magariños, Salvador del Río, Damián Contreras e Casilda García.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar