Morne Seychellois

O Morne Seychellois é o punto culminante orográfico das illas Seychelles, sitas no océano Índico, cunha modesta altitude sobre o nivel do mar de 905 m.

Localización do Morne Seychellois na illa de Mahé

Situación editar

O pico está situado no nordeste da illa de Mahé, a principal do arquipélago, ao sur da cidade de Victoria, a capital do país. O pico é visíbel desde ela. As súas coordenadas son 4º 39' S e 55º 26' L.

Protección ambiental editar

Recuberto de bosque tropical, o monte está comprendido, desde 1979, no maior parque nacional terrestre das Seychelles, que abrangue unha área total de 3.045 ha.

Ligazóns externas editar