Moreira branca

especie de planta
Moreira branca

Morus alba
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Urticales
Familia: Moraceae
Tribo: Moreae
Xénero: Morus
Especie: M. alba
Nome binomial
Morus alba
L., Sp. Pl., vol.2, p, 986, 1753;

Gen. Pl., ed. 5: 424, 1754

A moreira branca[1] (Morus alba), é unha especie de árbore pertencente ao xénero Morus, familia das moráceas.

Morus alba co verme da seda (Bombyx mori).

Descrición editar

É unha árbore de até 15 m de altura, con pólas novas cinsentas. Folla con pecíolo de 1,5–2 cm e limbo de 4-6 por 4–5 cm, máis ou menos ovado, subagudo, irregularmente dentado ou lobado, oblicuamente cordado, delgado, glabro agás ao longo da nerviación, verde clara. Infrutescencias (sorose) da lonxitude dos seus pedúnculos (2,5 por 1 cm), brancas ou branco-rosadas, que son as amoras; adoitan resultar insípidas.[2]

Florea en abril; frutifica en maio.

Distribución editar

Son árbores oriundas das zonas temperadas de Asia central e do leste (China, Manchuria e Corea) e moi cultivado en Asia, Europa e América.

Usos e cultivo editar

A especie cultívase polas súas follas, único alimento dos vermes da seda, cuxos casulos se utilizan para fabricar seda.

Ademais do seu uso coma árbores de cultivo é frecuente o uso como ornamentais en xardíns urbanos e para obter sombra. En Galiza non é frecuente, mais aparece nalgúns parques de vilas e cidades, como é o caso do Campus Universitario da Xunqueira, en Pontevedra.

Variedades editar

  • Morus alba var. alba (sinónimos: Morus alba var. atropurpurea (Roxb.) Bureau, Morus alba var. bungeana Bureau, Morus atropurpurea Roxb.[3])

Sinonimia editar

  • Morus acidosa Griff.
  • Morus alba var. indica Bureau
  • Morus alba var. latifolia (Poir.) Bureau
  • Morus alba var. multicaulis (Perr.) Loudon
  • Morus alba var. nigriformis Bureau
  • Morus alba var. stylosa Bureau
  • Morus alba var. tatarica (L.) Ser.
  • Morus australis Poir.
  • Morus australis var. hastifolia (F.T.Wang & T.Tang ex Z.Y.Cao) Z.Y. Cao
  • Morus australis var. incisa C.Y. Wu
  • Morus australis var. inusitata (H.Lév.) C.Y. Wu
  • Morus australis var. linearipartita Z.Y. Cao
  • Morus australis var. oblongifolia Z.Y. Cao
  • Morus bombycis Koidz.
  • Morus bombycis var. angustifolia Koidz.
  • Morus bombycis var. bifida Koidz.
  • Morus bombycis var. longistyla Koidz.
  • Morus bombycis var. tiliifolia Koidz.
  • Morus cavaleriei H. Lév.
  • Morus chinensis Lodd. ex Loudon
  • Morus formosensis Hotta
  • Morus hastifolia F.T. Wang & T. Tang ex Z.Y. Cao
  • Morus intermedia Perr.
  • Morus inusitata H. Lév.
  • Morus latifolia Poir.
  • Morus longistylus Diels
  • Morus multicaulis Perr.
  • Morus nigriformis (Bureau) Koidz.
  • Morus stylosa var. ovalifolia Ser.
  • Morus tatarica L.[3]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en varias referencias: "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15630068
  2. Morus alba en Flora vascular de Andalucía occidental
  3. 3,0 3,1 Morus alba en The Plant List

Véxase tamén editar

Outros artigos editar