Os montes de Toledo son unha formación orográfica sita na Península Ibérica, que separan a conca do Texo da do Guadiana. Constitúen ademais o linde setentrional da Mancha. Algúns autores coidan que este cordal se prolonga en Portugal a través da serra de San Mamede[1].

Relevo da Península Ibérica

Os montes de Toledo dan nome a unha comarca da provincia de Toledo e a outra da provincia de Cidade Real, que son confinantes.

Dimensións editar

Teñen unha lonxitude máxima de leste a oeste duns 350 km e un ancho medio duns 50 km máximo (o ancho máximo alcanza arredor de 100 km nas proximidades de Sonseca e Puertollano). A súa cimeira sitúase na serra de Guadalupe, onde se ergue a Villuerca Alta que chega a unha altura de 1.603 m.

Xeoloxía editar

Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia alpina, pero a diferenza do Sistema Central, non están formados por bloques levantados e afundidos, senón que son un relevo apalachense, posto a descuberto pola intensa erosión que afectou a zona logo da oroxenia. Son, pois, crestóns cuarcíticos dunha altura uniforme, de arredor dos 1.400 metros, que non foron afectados pola erosión glacial.

Hidrografía editar

Os montes de Toledo son un foco de dispersión hidrográfica menor, do que parten ríos como o río Algodor (95 km de longo e 1250 km² de conca) ou o Almonte ambos afluentes do Tahu pola esquerda e o río Amarguillo, tributario do Guadiana pola dereita.

Protección ambiental editar

Na área dos montes de Toledo inclúese a paraxe protexida do Parque Nacional de Cabañeros. Pero tamén existen algúns outros elementos paisaxísticos destacábeis nestes montes: os numerosos canchais.

 
Vista da vertente sur dos montes de Toledo desde Puerto de Los Santos

.

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Vilá Valentí, Juan, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páx. 57