Os montes Šar en albanés Malet e Sharrit, Sharr); (en macedonio Шар Планина, Šar Planina é unha cadea de montañas situada na fronteira sur de Kosovo[1] e a parte noroeste de Macedonia do Norte.

Vista dos montes Sǎr.

Os montes Šar esténdense até o monte Korab (2764 m) no sueste (e nordeste de Albania). Están situados en torno aos 42º de latitude Norte e os 44º 20' de lonxitude leste

Características editar

 
Pico Titov Vrv.

A cadea montañosa ten ao redor de 80 km de longo, cuns de 10 a 20 km de largo. Ten varios picos de grande altura, entre eles:

A vexetación que o cobre inclúe cultivos por riba dos 1 000 m, bosques por riba dos 1 700 m e praderías que abarcan ao redor de 550 km². Os montes Šar comnstitúen a máis grande área compacta con praderías do continente europeo.

A zona é coñecida como a de orixe do can Šarplaninac, (en macedonio Šarplaninec, en albanés Qeni i Sharrit), que foi criado nestas praderías.

O Parque Nacional de Šar/Sharr editar

O Parque Nacional de Šar está no territorio de Kosovo e abarca 380 km2, dos contrafortes setentrionais dos Šar/Sharr. Gábase de ser o reduto do endémico piñeiro de Macedonia (Pinus peuce) e do piñeiro negro (Pinus uncinata), así como da rosa alpina. É o hábitat de linces, osos, gamos, lobos, corzos, xabaríns e outras especies. Foi declarado parque nacional en 1986.[2]

Un lugar chamado Gine voda é unha atracción especial, porque o piñeiro negro, o piñeiro de Macedonia, a picea e o sicómoro están representados todos nunha zona moi pequena.

O Parque Nacional de Šar, no que abundan pequenos ríos e regatos, esténdese polos municipios de Uroševac, Suharekë, Kaçanik e a próxima cidade de Prizren (en Kosovo) e os de Jegunovce, Tearce, Dzepciste, Tetovo e Gostivar (en Macedonia do Norte).

Galería editar

Notas editar

  1. Kosovo ten un estatuto controvertido. Para o seu goberno é unha república idependente, mentres que para o de Serbia é unha provincia autónoma desta República.
  2. Ministerio do Medio Ambiente e Planificación Espacial Arquivado 17 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en albanés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar