Monteira

peza tradicional

A monteira é unha peza tradicional coa que se abrigaban a cabeza os homes e en menor medida as mulleres [1] e que se facía de felpa, saial, baeta ou pano negro [2] e que se utilizaba en Galicia.

Gaiteiro con monteira

Características editar

A súa forma variaba nas distintas comarcas, no interior de Galicia polo xeral eran triangulares e grandes[3] e, neste caso, constaba de catro partes, casquete, á, rebordo e forro[4]. Actualmente o seu uso restrínxese aos traxes tradicionais. Fóra de Galicia empregouse tamén noutros lugares da Península Ibérica relacionados co antigo Reino de Galiza.

Notas editar

  1. Rodríguez Pérez "A vestimenta na Galicia de entreséculos" En Acuña e Cabo. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo, 1992., pp. 7-13
  2. De Hoyos Sancho, El traje regional de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1971.
  3. Xaquín Lorenzo Os oficios. Galaxia, 1983, páxina 282
  4. VV.AA. Actas do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu Tempo. Vol. II, Consello da Cultura Galega, páxina 349

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodríguez Pérez (1992). A vestimenta na Galicia de entreséculos. En Acuña e Cabo. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo. 
  • De Hoyos Sancho (1971). El traje regional de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas. 
  • Lorenzo, Xaquín (1983). Os oficios. Vigo, Galaxia. 
  • VV.AA. Actas do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu Tempo. Vol. II. Consello da Cultura Galega.