Monte do Seixo

montaña de Galiza, España

Coordenadas: 42°11′39″N 7°21′28″O / 42.194255555556, -7.3576805555556

O monte do Seixo ou O Seixo ou Cabeza do Seixo é un pico de 1706 metros de altitude [2] situado no concello de Chandrexa de Queixa. Punto de intersección entre os Montes do Invernadeiro e a Serra da Queixa. Parte da súa aba sur está integrada no Parque Natural dos Montes do Invernadeiro declarado como tal en 1995 e de acceso restrinxido. Como parte do Macizo Central ourensán, fica todo el integrado na zona especial de conservación da Rede Natura 2000. A parte máis alta está fóra do parque natural, non así do ZEC.

Monte do Seixo (O Seixo)
Localización xeográfica
CordilleiraMacizo Galaico
SerraSerra da Queixa no Macizo Central ourensán
Latitude42°11'39.32" N [1]
Lonxitude7°21'27.65" O [1]
Localización administrativa
LocalizaciónGaliza Galiza
Características xerais
Altitude1.706 [2] m
Prominencia133 m ↓ sobre As Touzas do Negredo (1,6km dirección ENE) [3]
Cume veciño máis altoAltos das Malladas (1.745 msnm) [3]
Illamento topográfico33,3 km dirección ENE [3]

Rico en cuarcitas (composición que probablemente é o que lle dá o seu nome), preside o val do río Ribeira Grande que discorre atravesando o circo glaciar de Guasenza ou Figueiro. Aínda quedan restos de pasteiros naturais subalpinos e se poden atopar nardos e narcisos. Nos seus baixos cara ao sur gabea un dos bosques máis antigos de Galicia con capudres, salgueiros, bidueiros, acivros, carballos e outras especies. Abeira comunidades faunísticas ben estruturadas propias da área eurosiberiana dende o lobo a aguia real pasando pola pardela, os corzos e os reintroducidos cervos. O invernos son moi fríos e a neve enfeita o seu cume ata ben entrado o mes de maio.

Existe unha ruta a pé que vai dende este pico ata a Cabeza de Manzaneda.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). Área de Geodesia. Subdirección General de Geodesia y Cartografía. "Reseña Vértice Geodésico 22741 Regente (Red de Orden Inferior)" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021. 
  2. 2,0 2,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 PeakVisor. "O Seixo" (en castelán). Consultado o 28-01-2021.