Coordenadas: 42°40′26″N 0°02′00″L / 42.673888888889, 0.033333333333333

Monte Perdido é o macizo calcario máis alto de Europa. O seu pico máis elevado é o Monte Perdido cunha altitude de 3.355 msnm.

Vista sur de Monte Perdido.

Situación e datos editar

Está situado ao norte da provincia de Huesca, no parque nacional de Ordesa e Monte Perdido dentro da vertente sur do Pireneo occidental, na comunidade autónoma de Aragón. Este macizo está incluído dentro da Reserva da biosfera Ordesa-Viñamala declarada pola UNESCO en 1997.

O macizo de Monte Perdido, coñecido polas Tres Sorores ou Treserols, está composto polos picos de Monte Perdido, con 3.355 metros, o Cilindro, con 3.328, e o Añisclo, con 3.263, que tamén é chamado Soum de Ramond, dedicado ao pireneísta Louis Ramond de Carbonnières, o primeiro que subiu e contouno. Neste sector atópanse 22 cumios de máis de 3.000 m.