O monte Maglić é un cumio de 2.386 metros sobre o nivel de mar, que constitúe o pico máis alto de Bosnia e Hercegovina.

Vista do monte Maglić.
O Maglić localízase na fronteira entre Bosnia -Hercegovina e Montenegro.

Situación editar

O Maglić forma parte dos Alpes Dináricos, unha cadea montañosa que se estende de norte ao sur da antiga Iugoslavia, erguéndose paralelamente á costa do Mar Adriático, con varios cordais e macizos. A súa estrutura é fundamentalmente calcaria, o que orixina numerosos fenómenos cársticos (grutas, poljes). O monte érguese no sur de Bosnia - Hercegovina, xusto na fronteira con Montenegro, e ao norte do macizo de Durmitor.

Protección ambiental editar

O macizo forma parte do Parque Nacional Sutjeska.