Coordenadas: 36°27′21″S 148°15′49″L / -36.4558303, 148.2635105

O Monte Kosciuszko, con 2.228 m.s.n.m. é a maior elevación da Australia continental, porén a maior altura do estado australiano sitúase no monte Mawson Peak, con 2.745 m, sito na illa Heard. O monte é citado, con frecuencia, como Kosciusko, porque este foi en realidade o nome oficial até 1997, cando a Geographical Names Board of New South Wales adoptou como oficial a grafía máis próxima á polaca.

Monte Kosciuszko
O Kosciuszko

Elevación: 2.228 metros
Localización: Australia
Cordilleira: Alpes Australianos
Primeira acensión: 1840, Paweł Edmund Strzelecki
Rota máis fácil:
Localización do Monte Kosciuszko en Nova Gales do Sur, Australia

Cambios de localización editar

Diversas medición demostraron que o pico que orixinariamente fora baptizado como Kosciuszko, era lixeiramente máis baixo que o seu veciño, o Monte Townsend, de xeito que, para manter a posición, os nomes foron transpostos por decisión do New South Wales Lands Department. Así o cadro de Eugene von Guerard, exposto na National Gallery of Australia, titulado "Northeast view from the northern top of Mount Kosciusko" (1863) (Vista do nordeste desde a cima do Monte Kosciusko), é actualmente desde o Monte Townsend.

Xeografía editar

O Monte Kosciuszko érguese na cadea montañosa dos Alpes Australianos ou Snowy Mountains, no interior do Parque Nacional Kosciuszko.

Ascensións editar

Ha motivos para crer que os primeiros en subir á cima do Kosciuszko foron aborixens, con anterioridade á chegada dos europeos.

A primeira escalada documentada foi realizada polo explorador polaco Paweł Edmund Strzelecki no ano 1840, que foi quen lle puxo o nome á montaña, impóndolle o do xeneral Tadeusz Kościuszko, heroe nacional da Polonia.

Outros datos editar

No Territorio Antártico Australiano sitúase aínda o Monte McClintock, de 3.492 m, que supera as dúas cimas arriba citadas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar