O Monte Binga é o punto de maior altitude de Mozambique, con 2.436 m.s.n.m.

Monte Binga
Cara norte do monte Binga

Elevación: 2.436 metros
Latitude: 19° 40′ 27″ S
Lonxitude: 33° 03′ 39″ E
Localización: Mozambique
Cordilleira: Montes Chimanimani
Primeira acensión: ?
Rota máis fácil: ?
Localización do monte Binga no oeste de Mozambique

Situación editar

Está situado na provincia de Manica, no oeste do país, moi preto da fronteira con Cimbabue, e á latitude aproximada da cidade de Chimoio, da que dista uns 100 km. Forma parte das elevacións meridionais do Great Rift Valley, a enorme falla que percorre a África Oriental de norte a sur. O Binga pode considerarse como unha continuación das cadeas montañosas de Cimbabue, que se prolongan cara a Mozambique.

Protección editar

A montaña está encadrada nos lindes setentrionais do Parque Nacional de Chimanimani, compartido co veciño país de Cimbabue. Da súa área total, 1.756 km² están en territorio mozambicano.

Escalada editar

As guías turísticas recomendan tentar a ascensión do Monte Binga durante a estación seca e tomar previsións sanitarias, pois o hospital máis próximo fica en Chimoio, con condicións dificultosas de comunicación.