Coordenadas: 40°31′23″N 44°11′43″L / 40.523055555556, 44.195277777778

O Monte Aragats (en armenio: Արագած) con 4 095 m de altitude é o punto máis elevado de Armenia.

O Aragats
O Aragats localízase no noroeste de Armenia

Situación e características editar

O Aragats érguese na provincia de Aragatsotn, no noroeste do país e da súa capital Iereván. É un antigo estratovolcán extinto, cunha cima cuádrupla de picos que conforman as beiras do cráter. No sur da montaña sitúase a importante cidade de Ashtarak, e noutros lados aséntanse vilas e aldeas.

Usos da montaña editar

O monte é un popular destino alpinístico para os montañeiros locais e visitado por turístas nos meses estivais . Nas súas ladeiras levántase o Observatorio Byurakan, ben coñecido, un dos prinicipais observatorios astronómicos mundiais, e a fortaleza Amberd, medieval.

Lendas editar

Segundo unha lenda, Grigor Lusavorich (Gregorio o Iluminador), subiu até o cume do Aragats para rezar, sendo testemuña dunha luz que baixou desde o ceo até a súa persoa. A lenda sostén que a mesma luz é visible hoxe, mais só os elixidos son quen de vela.

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar