Coordenadas: 4°36′21″N 74°03′23″O / 4.605833, -74.056389

O cerro de Monserrate é o máis coñecido dos cerros Orientais de Bogotá. Xunto a Guadalupe é un dos cerros tutelares da cidade. Monserrate ten unha altitude de 3152 m e atópase sobre a cordilleira oriental.[1] Os cerros de Bogotá, de orixe sedimentario, teñen polo menos 16 millóns de anos de antigüidade, con rochas de idade cretácea pertencentes ó Grupo guadalupe, no que se refire ó aspecto xeolóxico. Até mediados do século XVII foi coñecido como cerro das Neves. A basílica do Señor de Monserrate foi lugar de peregrinación relixiosa dende a época colonial e constitúe un atractivo natural, relixioso e gastronómico da cidade. Pódese ascender ó cerro polo carreiro peonil, por teleférico ou por funicular.

A basílica do Señor de Monserrate.

Historia editar

O cerro de Monserrate é unha das formacións máis recoñecibles da sabana de Bogotá, así como un dos símbolos da cidade. Pertencente aos cerros Orientais. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou o primeiro asentamento español na rexión de Bacatá, na actual carreira Segunda con rúa Trece, non lonxe do Chorro de Quevedo, que posteriormente se chamou Pueblo Viejo, entón coñecido como Teusaquillo .[2]

En 1620, a familia Fernández de Valenzuela iniciou a construción das ermidas do cerro, o cal sería coñecido como das Neves até mediados do século XVIII. De feito, Pedro Fernández de Valenzuela coa autorización de Juan de Borja y Armendia, Presidente do Novo Reino de Granada, erixiu unha capela dedicada á Santa Cruz de Monserrate.[3] Anos despois, Pedro Solís de Valenzuela fundou un mosteiro dedicado a Santa María da Cruz de Monserrate, evocando o da cartuxa de Santa María do Paular de Segovia, onde tiña un irmán monxe, realizándose os traballos de ampliación da capela e a casa anexa na segunda metade dos anos 1650. No mesmo período adecuouse un camiño que dende a igrexa das Neves levaba até o cumio do cerro, contando no seu percorrido con pequenas capelas para os peregrinos, que lembraban as dos cerros de Belén e de Montserrat, respectivamente en Andalucía e Cataluña. No cumio deste cerro atópase o santuario do Señor Caído de Monserrate, cuxa actual construción de estilo neocolonial foi rematada en 1925 e exhibe a talla do Señor Caído de Monserrate, elaborada por Pedro de Lugo y Albarracín no século XVI. O servizo de funicular para ascender o cerro foi inaugurado o 18 de agosto de 1929.

Notas editar

  1. Parques Humedales Consultado el 22 de diciembre de 2009
  2. Las Nieves la ciudad al otro lado, "Los orígenes del barrio: el lugar de la misa de la Conquista" págs. 13 y 14.
  3. Las Nieves la ciudad al otro lado, "Consolidación de la parroquia" págs. 23-27.