Monólogo interior

O monólogo interior (stream of consciousness, en inglés) é un discurso sen receptor e non pronunciado. A personaxe deixa que o seu pensamento discorra para si mesmo. É utilizado como técnica literaria.

Algunhas obras literarias que utilizan esta técnica son Ulises (Ulysses), ou Retrato do artista cando novo (A Portrait of the Artist as a Young Man), ambas as obras de James Joyce.

Exemplos editar

(...) o vello reloxio pode que estea por aquí, ai meu pobre, por onde me andará, seguro seguro que mo comeron as couzas, e a vella radio, as vellas cousas desterradas no faiado, vellísimas e cubertas de po, tempo e escuridade, e tearañas antigas, ¿lembras? acha-la lonxitude dun xardín circular que ten de radio sete metros, xa eu nada de todo iso, señor, pero a quen lle importa, son cadernos de follas con garabatos marelos, ui, a miña enciclopedia, fillos de Santiago Rodríguez Burgos, ademais da capital, Tetuán, a posesión española do Rif ten as seguintes poboacións de importancia

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.