Molise é unha rexión centrooriental italiana, cunha poboación en torno aos 313 348 habitantes (2015). A capital é Campobasso. Limita cos Abruzos, o Lacio, a Campania, a Puglia e o mar Adriático. A rexión está dividida en dúas provincias: Campobasso e Isernia.

Modelo:Xeografía políticaMolise
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°41′59″N 14°36′40″L / 41.6997, 14.6111Coordenadas: 41°41′59″N 14°36′40″L / 41.6997, 14.6111
EstadoItalia Editar o valor em Wikidata
CapitalCampobasso Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación304.285 (2019) Editar o valor em Wikidata (68,56 hab./km²)
Lingua usadaLingua arbëreshë
Língua croata molisana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie4.438 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor em Wikidata
Altitude631 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoGovernment of Molise (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Molise (en) Traducir Editar o valor em WikidataDonato Toma (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Molise (en) Traducir Circunscrición: 2, (Escano: 21) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-67 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSITF2 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT14 Editar o valor em Wikidata

Páxina webregione.molise.it Editar o valor em Wikidata
Campobasso, capital de Molise.

Xeografía editar

A superficie da rexión divídese case a partes iguais entre zonas montañosas (55,3% do territorio) e zonas de outeiros (44,7%). A zona montañosa esténdese ao longo dos Apenino Campano (a parte dos Apeninos que separa as rexións de Molise e Campania). Os montes da Meta (2.241 m) forman un punto de encontro na liña divisoria entre Molise, os Abruzos e o Lacio. Tamén destacan os montes do Matese, que marcan a fronteira coa Campania e acadan os 2.050 m co monte Miletto. Na zona oriental, no subapenino, o territorio vai descendendo caro o mar con outeiros non moi altos e de formas redondas.

Clima editar

O clima é de tipo semicontinental, con invernos xeralmente fríos e veráns calorosos. Na costa o clima é máis temperado, adentrándose no interior da rexión as temperaturas baixan bastante no inverno (no período invernal, Campobasso é unha das cidades máis frías de Italia, a pesar da súa localización xeográfica). Tamén no verán as temperaturas son máis temperadas na costa polas brisas mariñas procedentes do Adriático.

Historia editar

Desde a época do Imperio Romano Molise formou parte do Abruzo Citerior, estando unida aos Abruzos na rexión "Abruzos e Molise" até 1963, cando a provincia de Campobasso foi proclamada rexión uniprovincial. Os Abruzos como rexión histórico-cultural comeza no río Tronto e termina no Fortore, río que dá nome á parte meridional da rexión, a Frentania. Os territorios do baixo Molise son para todos os efectos abruzzanos: abruzzano (de tipo adriático) é o dialecto, abruzzanos son as tradicións, tamén a arquitectura das igrexas e os edificios.

Minoría lingüística editar

A minoría lingüística croata constituíuse establecéndose en Molise, máis concretamente na provincia de Campobasso, no territorio comprendido entre os ríos Biferno e Trigno. Trátase exactamente de tres concellos: Acquaviva Collecroce, Montemitro e San Felice del Molise. Só nestes tres concellos se conserva aínda a lingua, os usos e costumes dos prófugos croatas que colonizaron estas terras hai máis de 400 anos. O idioma falado por esta minoría é substancialmente a antiga lingua croata do tipo štòkavo-ìkavo, aínda usada na Dalmacia central entre os ríos Cettina e Narenta, nunha área repartida entre Croacia e Erzegovina.