Moist von Lipwig é un personaxe ficticio da saga de novelas de Discworld escritas por Terry Pratchett. É o protagonista das novelas Going Postal e Making Money.

Personaxe editar

Pouco se sabe do pasado de Moist von Lipwig, á parte de que é orixinario de Überwald, perdeu a seus pais moi novo, e foi criado polo seu avó que se dedicaba a criar cans. Foi o colexio e máis tarde, cando escapou, converteuse nun estafador itinerante. Nun momento dado coñece a Cribbins, outro criminal que lle ensina os trucos do oficio. Máis adiante terá diferenzas creativas con este polo que a "sociedade" se separa, Moist xustifica isto dicindo que Cribbens: "é o tipo de persoa que lle dá mal nome ós criminais".

Na súa época de estafador, Moist tomaba vantaxe do feito de que non posuía faccións físicas peculiares ou distinguibles polo que era unha persoa fácil de esquecer. Segundo as numerosas descricións físicas referentes a súa persoa Moist ten: entre 20 e 30 anos de idade (en Going Postal indica que ten 26 anos), entre 1.80 m e 1.90 m estatura. Amais el axudábase de anteollos, bigotes falsos máis outros apéndices. Converteuse nun forxador experto cunha variedade de tintas e papeis, os cales leva encima no que el denomina "Mr Robinson's Box"(A caixa do señor Robinson).

Baixo un dos seus "personaxes", Albert Spangler, foi capturado na cidade de Ankh-Morpork, e condenado a morrer aforcado. O Patricio da cidade arránxao todo para que el non morra no momento do seu aforcamento e só perda o sentido. Así cando esperta atópase no despacho de Lord Vetinari e este ofrécelle un trato: unha nova vida traballando para o estado ou pode irse a súa antiga vida, con tódalas consecuencias que iso implica.

Libros nos que aparece editar