Mohammed ben Mizzian

Mohammed ben Mizzian ben el Kasem, nado en Mazzuza (Guelaya, na rexión do Rif), o 1 de setembro de 1897 e finado en Rabat o 1 de maio de 1975, foi un militar dos exércitos de España e Marrocos, nos que atinxiría a máxima graduación.

Infotaula de personaMohammed ben Mizzian

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن مزيان Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Beni Ensar, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Defensa Marrocos
17 de xuño de 1968 – 4 de agosto de 1971
← Mohamed Haddou Chiguer (en) TraducirMohamed Oufkir (pt) Traducir →
Ambassador of Morocco to Spain (en) Traducir
1966 – 1970
Capitán General de Canarias (en) Traducir
3 de xuño de 1955 – setembro de 1956
← Miguel Rodrigo Martínez (en) TraducirJosé María López Valencia (en) Traducir →
Captain General of the 8th Military Region (en) Traducir
23 de xuño de 1953 – 3 de xuño de 1955
← Francisco Delgado SerranoCarlos Rubio López-Guijarro (en) Traducir →
General Commander of Ceuta (en) Traducir
25 de marzo de 1950 – 23 de xuño de 1953
Comandante en xefe 1.ª División de Navarra (en) Traducir
setembro de 1938 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo (1913–1916) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , militar Editar o valor em Wikidata
Membro de
Regulares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua bérber Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España e Forças Armadas do Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarteniente general (pt) Traducir (1953–)
mariscal Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLeïla Mezian Benjelloun (pt) Traducir, Meriem Mazian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesOthman Benjelloun (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Premios

Participou na Guerra Civil española, acabando por ser nomeado Capitán Xeneral de Galiza, e logo das Canarias, por Francisco Franco. Cando Marrocos obtivo a súa independencia, no ano 1957, ben Mizzian ingresou no exército marroquí.

Biografía editar

Seu pai era caid da cabila na súa vila natal. En 1913 foi enviado á Academia de Infantería de Toledo, que abandonou co grao de segundo tenente. Destinado ao Exército de África, ascendeu por méritos na Guerra do Rif (foi ferido nas accións de Annual en 1921), combatendo contra os insurrectos rifeños de Abd el Krim. En 1923 era xa capitán e, en 1925, comandante.

Guerra Civil editar

Tralo Alzamento Nacional do Exército español en 1936, que se adianta ao día 17 de xullo no Marrocos español, ben Mizzian únese aos sublevados. Participou á fronte dos regulares —entón unidades de tropas marroquís— nos diversos movementos das tropas franquistas, desde o Sur de España até Madrid; e posteriormente noutras accións no Norte (Asturias —dirixindo aquí as tropas galegas enviadas en socorro de Oviedo—, Teruel, Ebro)... Cando o exército franquista toma Castelló, ben Mizzian era xa coronel.

Capitán Xeneral de Galiza editar

Acabada a guerra, Ben Mizzian foi nomeado comandante xeneral de Ceuta. En 1944 foi promovido a xeneral, e en 1953 é ascendido a tenente xeneral, sendo destinado á VIIIª Rexión militar, é dicir Galiza, como Capitán Xeneral da mesma. Estivo a fronte da mesma, oficialmente, entre o 26 de xuño de 1953 e o 3 de xuño de 1955, é dicir case dous anos. Ao cesar en Galiza, ben Mizzian pasou a facerse cargo da Capitanía Xeneral das Illas Canarias.

Ministro da Defensa de Marrocos editar

Cando Marrocos conseguiu a independencia, pasou á reserva no Exército español, o 22 de marzo de 1957, para ingresar no Exército marroquí. En 1964, o novo rei, Hassan II, nomeouno Ministro de Defensa. Dous anos despois foi destinado a Madrid, como embaixador de Marrocos en España. En 1970, foi ascendido a mariscal, a máxima graduación do Exército marroquí, e era promovido a ministro de Estado.

En 1975, afectado de grave doenza, foi trasladado a Madrid, para ser internado nun hospital militar, desde onde foi reenviado a Rabat, na que faleceu o 1 de maio dese ano.