Mohamed al-Battani

Abū ʿAbdullāh Muḥammad ibn Jābir ibn Sinān ar-Raqqī al-Ḥarrani aṣ-Ṣabiʾ al-Battānī, (en árabe: محمد بن جابر بن سنان البتاني) latinizado como Albategnius, nado en Harran contra o ano 850 e finado en Damasco no 929, foi un astrónomo árabe.

Mohamed al-Battani
Nome completoأبو عبد الله محمد بن جابر بن سنان الحراني الصابي البتاني
Nacementoc. 858 e c. 850
Lugar de nacementoHarran
Falecemento930 e c. 929
Lugar de falecementoSamarra
RelixiónIslam
Ocupaciónmatemático e astrónomo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Calculou o movemento dos planetas e determinou con gran precisión a duración do ano solar, corrixiu as táboas de Tolomeo, os seus estudos serviron de antecedente ás Táboas afonsinas.

O seu máis importante traballo foi Kitāb az-Zīj (O libro das táboas), coñecido en occidente pola súa tradución ao latín no ano 1116, De Motu Stellarum, que tivo unha grande influencia na astronomía europea.