Moeketsi Majoro

político sotho


Moeketsi Majoro, nado o 3 de novembro de 1961, é un economista e político sotho, actual primeiro ministro de Lesoto dende maio de 2020.

Infotaula de personaMoeketsi Majoro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Leribe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prime Minister of Lesotho (en) Traducir
20 de maio de 2020 – 28 de outubro de 2022
← Tom Thabane (pt) TraducirSam Matekane (pt) Traducir →
Minister of Finance of Lesotho (en) Traducir
23 de xuño de 2017 – 19 de maio de 2020
← 'Mamphono Khaketla (en) TraducirThabo Sofonea (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLesoto Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional do Lesoto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e Lingua sotho Editar o valor em Wikidata

Membro do partido Convención de Todos os Basotos (ABC), anteriormente foi senador e ministro de Planificación do Desenvolvemento de 2013 a 2015 e logo ministro de Facenda no goberno de Tom Thabane entre 2017 e 2020. Representou a circunscrición número 33 de Thetsane na Asemblea Nacional desde a súa elección en 2017.

Traxectoria editar

Naceu o 3 de novembro de 1961 en Tsikoane, no distrito de Leribe, daquela parte da colonia inglesa de Basutolandia. Licenciouse en Economía pola Universidade Nacional de Lesoto e obtivo un doutoramento en Economía dos Recursos Naturais e un mestrado en Economía Agrícola pola Universidade Estatal de Washington.[1]

 
Reunión de Majoro con altos funcionarios da OIEA en setembro de 2013

Majoro foi profesor de economía na Universidade Nacional de Lesoto entre 1991 e 2000. Ingresou no ministerio de Economía como analista fiscal en 2000 e traballou neste cargo antes de ser ascendido a secretario principal en 2004. Foi subdirector executivo e logo director executivo da Constitución do Grupo África 1 do Fondo Monetario Internacional (FMI) entre 2008 e 2012.[1]

En xaneiro de 2013, foi nomeado Ministro de Planificación do Desenvolvemento polo primeiro ministro Tom Thabane. Antes fora nomeado senador. O goberno de Thabane perdeu o poder nas eleccións xerais de 2015. Nas eleccións xerais de 2017, foi elixido deputado pola Circunscrición nº 33 de Thetsane. Thabane volveu ao cargo de primeiro ministro e nomeouno ministro de Facenda.[1]

En 2020 Thabane viuse obrigado a dimitir ao perder o apoio dos seus socios de coalición, debido á súa suposta implicación no asasinato da súa exmuller. O 22 de marzo de 2020, Majoro foi elixido polo grupo da Convención de todos os Basotos na Asemblea Nacional como o sucesor de Thabane con 26 de 46 votos.[2] Ademais da maioría do ABC e do Congreso Democrático, outros partidos comprometéronse a apoiar un goberno con Majoro como líder.[3] O 12 de maio, Majoro foi anunciado como o seguinte primeiro ministro.[4] Thabane anunciou a súa dimisión o 18 de maio.[5] Majoro xurou o cargo como novo primeiro ministro o 20 de maio.[6][7][8]

Vida persoal editar

Majoro está casado e ten dous fillos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The Right Honourable Dr Moeketsi Majoro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  2. "Much needs to be done before I can take over: Majoro" (en inglés). Lesotho Times. 4 de abril de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  3. "Majoro ready to take over". Lesotho Times. 4 de abril de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  4. "Lesotho Finance Minister Moeketsi Majoro nominated as new prime minister". EWN (en inglés). 12 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  5. "Thomas Thabane resigns as Lesotho prime minister". BBC (en inglés). 18 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  6. "New Lesotho PM to be sworn in". eNCA News (en inglés). 19 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  7. "Moeketsi Majoro to be sworn in as Lesotho PM on Wednesday". EWN. 19 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  8. "Lesotho's new Prime Minister Moeketsi Majoro sworn in". SowetanLIVE (en inglés). 20 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020.