Moedas dos Estados Unidos de Bélxica

moedas da Revolución Brabantina (1790)

A moeda dos Estados Unidos de Bélxica é a cuñada e utilizada durante a efémera existencia dos Estados Unidos de Bélxica en 1790, logo da Revolución Brabantina (1789).

O león rampante da Liberdade, motivo característico dos anversos das moedas dos Estados Unidos de Bélxica, emitidas logo da Revolución Bravantina de 1789.

Estas emisións, aínda que de curta duración, exerceron unha forte influencia numismática nas cuñaxes posteriores á independencia de Bélxica en 1830.

Contexto histórico editar

En 1789 produciuse a Revolución de Brabante como reacción ás reformas liberais levadas a cabo por Xosé II de Habsburgo e ao dominio austríaco de Bélxica. Despois de que as forzas austríacas fosen derrotadas ante os rebeldes na Batalla de Turnhout en 1789, estas retiráronse do país e deixáronlles aos rebeldes o poder. O 11 de xaneiro de 1790, coa sinatura do Tratado da Unión, os condados e os ducados que formaran os Países Baixos Austríacos pasaron a constituír un único país: os Estados Unidos de Bélxica.[1]

O artigo 5 do devandito Tratado da Unión establecía: "só o Congreso terá a facultade de cuñar moeda nos Estados Unidos de Bélxica, e de fixar o seu título e o seu valor".[2]

Moedas editar

As moedas emitíronse en oito valores faciais diferentes, con denominacións en liards, soldos e floríns, unicamente durante a curta existencia do novo país, polo que todas elas amosan a data de 1790. Tanto as súas lendas, en latín, como a iconografía representadas nelas aluden á unidade do Estado.[3][4]

Estes son os tipos emitidos:[3][4]

Denominación Imaxes Descrición Lenda Metal e dimensións
1 liard
[5]
  A/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas.
R/: lenda en catro liñas. Data no exergo.
AD USUM FŒDERATI BELGII ("Para o uso na Federación de Bélxica") Cobre
3,75 g
22 mm
2 liards
[6]
  A/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas.
R/: lenda en catro liñas dentro de coroa vexetal. Data no exergo.
Cobre
7,50 g
27 mm
10 soldos
(10 stuivers)
[7]
  A/: león rampante rodeado por lenda. Data no exergo.
R/: man cu feixe de 11 setas, dos 11 estados (Flandres, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Limburgo, Güeldres, Mechelen, Tournai, Tournaisis e Flandres Occidental). Lenda arredor e valor no exergo.
MON. NOV. ARG. PROV. FOED. BELG. ("Nova moeda das Provincias Federadas de Bélxica").
IN VNIONE SALVS ("A slvación na unión").
Prata
4,70 g
25 mm
1 florin
(1 gulden)
[8]
  Prata
9,40 g
30 mm
3 floríns
(3 gulden)
(lion d'argent)
[9]
  A/: león rampante, que sostén unha espada e un escudo coa palabra LIBERTAS, rodeado por lenda. Data no exergo.
R/: escudos dos 11 estados cun sol radiante no centro. Lenda arredor.
DOMINI EST REGVM ("O reino é do Señor..."
ET IPSE DOMINABITVR GENTIVM ("...e el terá dominio sobre as nacións") [Salmos 22:29].[10]
Prata
32,67 g
41 mm
14 florins
(14 gulden)
(lion d'or)
[11]
    Ouro
8,30 g
25 mm

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar