Modus vivendi

locución latina que significa "modo de vivir"

Modus vivendi é unha locución latina que significa literalmente "modo de vivir" [1] (do latín modus "maneira", "modo", e vivendi "de vivir", xenitivo do xerundio do verbo "vivere") e que designa a base ou regra de conduta, arranxo ou axuste transitorio entre dúas partes. Esta locución é usualmente empregada para describir arranxos informais ou temporais en asuntos políticos e diplomáticos, posto que un modus vivendi é un instrumento que rexistra un acordo internacional de natureza temporal, que posteriormente será cambiado por un permanente e detallado.[2]

Actualmente, esta locución latina é usualmente empregada para referirse á actividade mediante a cal unha persoa se gaña a vida.

Notas editar

  1. "modus vivendi" Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no diccionario da Real Academia Galega.
  2. "modus vivendi" na vixésima terceira edición do DRAE.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar