Modesto Grandío Parapar

mestre e escritor galego

Modesto Grandío Parapar, nado en Cabanas (O Vicedo) o 11 de xullo de 1889 e finado en Viveiro o 6 de outubro de 1966, foi un mestre e escritor galego.

Infotaula de personaModesto Grandío Parapar
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Cabanas, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou sendo novo a Cuba e estivo cino anos na illa. Regresou a Viveiro onde casou con Rosario Paz Blanco en outubro de 1910. Orientou a súa vida profesional cara ao Maxisterio. Fixo estudos por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela e obtivo o título de Mestre en marzo de 1920. Foi mestre en Covas (1920). En febreiro de 1924 foi destinado á escola de San Martín de Arroxo (A Fonsagrada). Unha vez aprobadas as oposicións, exerceu nas escolas de San Pedro de Viveiro (1925-1927), Galdo (1927-1946) e, finalmente, dende 1946, no Grupo Escolar de Viveiro, onde foi director e onde se xubilou en 1959.

Colaborou nos periódicos viveirenses Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo, El Ideal Vivariense, Renovación, La Voz del Pescador e El Landro; e tamén en Diario de la Marina, El Regional, El Progreso, Vida Gallega, La Voz de Oleiros, La Voz de Ortigueira, Las Riberas del Eo, La Comarca, Faro Villalbés, El Faro Astorgano e La Voz de Asturias.[1] Tamén nos periódicos galegos da emigración Vivero en Cuba, Eco de Galicia e Heraldo de Galicia.

Obra editar

  • Crepuscular. Ensayos poéticos (Artes Gráficas Gerardo Castro, 1930).

Notas editar

  1. "Grandío Parapar", Heraldo de Vivero, 17-4-1963, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar