Mitrofan era o nome que tiña o oso que supostamente matou Xoán Carlos I de España nunha cacería, en 2006 na vila rusa de Novlenskoye, nunha visita de carácter privado.

Veracidade do episodio editar

Diversos medios fixéranse eco da nova logo das denuncias que escribira Sergei Starostin, vicedirector do Departamento de Conservación do Medio do Parque Natural de Vologda, dirixida a Vyacheslav Pozgalevdado, gobernador da zona. Na carta Sergei afirmaba que o oso estaba bébedo porque lle deran un combinado de vodka e mel. O oso era doméstico e fora instruído para entreter aos visitantes dun parque bailando. Foi levado para o lugar da cacería nunha gaiola e solto co único obxectivo de ser matado polo rei.

Segundo a mesma fonte asegura "El gobernador Viacheslav Pozgaliov (...) "nin sequera sospeita" da "farsa", que só era coñecida por "un círculo moi pequeno de persoas" e que este tipo de falcatruadas son "algo común nese couto".[1][2]

Existen episodios ben coñecidos de políticos rusos que cazaron animais en situacións similares as descritas[3]. Pola outra banda, a asociación rusa conservacionista WWF din non ter constancia de tales prácticas nos últimos dez anos.[4]

A casa do Rei negou o episodio, sen achegar información de se o monarca estivo cazando alí nesas datas. A información non puido ser inequivocamente comprobada, coma di Adrian Blomfield, correspondente en Moscova do The Telegraph "It is unclear whether the king committed an illegal act..." ("Non está claro se o rei cometeu un acto ilegal")[5]

Repercusión nos medios editar

O asunto Mitrofan tivo ampla repercusión na rede, en clave de crítica e de humor[Cómpre referencia]. Até tal punto transcendeu o asunto que rompeu a barreira da información alternativa podendo ser lido na prensa española con titulares como "Investigan si el Rey Juan Carlos cazó un oso amaestrado y borracho".[1], e tamén estranxeira[3][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 20Minutos (2006-10-19). "Investigan en Rusia si el Rey Juan Carlos cazó en agosto pasado un oso amaestrado y borracho". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  2. "El timo del oso Mitrofán". www.elmundo.es. Consultado o 2019-02-02. 
  3. 3,0 3,1 Parfitt, Tom (2006-10-19). "Spanish king accused of shooting tame bear made drunk on vodka". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-02-02. 
  4. "Royal row over Russian bear fate" (en inglés). 2006-10-20. Consultado o 2019-02-02. 
  5. 5,0 5,1 Blomfield, Adrian (2006-10-19). "Bear 'hunted' by King of Spain was drunk on vodka" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2019-02-02.