«Mirrorcle World»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum A Complete ~All Singles~
Lanzamento 8 de abril de 2008
Formato {{{formato}}}
Gravada 2008
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración {{{duración}}}
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«Together When...» «Mirrorcle World» «Days/Green»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Mirrorcle World" é o sinxelo en formato físico nº 43 (e o 44 en tódolos formatos) da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 8 de abril do ano 2008 so o selo avex trax.

Información editar

A canción que dá título ó sinxelo é unha versión estendida da canción "Mirror", unha canción introdutoria de dous minutos de duración do seu noveno álbum en estudio, Guilty. O sinxelo foi lanzado exactamente dez anos despois do seu sinxelo debut con Avex, "Poker Face". O sinxelo inclúe dúas novas gravacións do seu segundo e quinto sinxelo, ambos os dous lanzados o ano 1998, "You" e "Depend on you", respectivamente.

 
Carteis promocionais de "Mirrorcle World" en Toquio, Xapón.

"Mirrorcle World" foi certificado como disco de platino polo RIAJ por distribuír máis de 250.000 copias no Xapón, sendo o primeiro sinxelo de Hamasaki dende "Blue Bird", que fora lanzado en 2006.

A versión CD+DVD de "Mirrorcle World", de acordo coas declaración de Avex, foi lanzada nunha "presentación especial limitada" que vén nunha caixa vertical. Tamén, as primeira edicións para a prensa do CD+DVD viñan cun póster da imaxe da portada. A versión dun único CD, porén, veu nunha edición normal. Spoinichi Annex revelou que a portada de Mirrorcle World incluiría un topless de Hamasaki, na liña das portadas do seu álbum e do seu sinxelo "LOVEppears" e "Appears", respectivamente, así e todo, se ben o pelo de Hamasaki cobre o seu busto como nos mencionados produtos, na portada de "Mirrorcle World" Hamasaki tapa os seus peitos co seu brazo.

O 9 de xaneiro, comezan a circular rumores de que Kamasaki voara a Venecia para gravar un comercial para Panasonic. O vindeiro día, o rumor confirmouse e o 22 de febreiro, Panasonic lanzou o comercial, utilizando "Mirrorcle World". Ademais de gravar o comercial para Panasonic, Hamasaki voou ata París onde rodou o videoclip para a canción. O devandito vídeo lanzouse oficialmente o 19 de marzo de 2008.

Lista de temas editar

Versión con "YOU" editar

# Título Duración
1. Mirrorcle World (Original Mix) 5:14
2. Life (Original Mix) 3:49
3. YOU (10th Anniversary Version) 4:47
4. Mirrorcle World (Instrumental) 5:16
5. Life (Instrumental) 3:49
6. YOU (10th Anniversary Version -Instrumental-) 4:43

Versión con "Depend on you" editar

# Título Duración
1. Mirrorcle World (Original Mix) 5:14
2. Life (Original Mix) 3:49
3. Depend on You (10th Anniversary Version) 4:41
4. Mirrorcle World (Instrumental) 5:16
5. Life (Instrumental) 3:49
6. Depend on You (10th Anniversary Version -Instrumental-) 4:38

Posición nas listas editar

Listas de Oricon editar

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
8 de abril de 2008 Oricon Daily Singles Chart #1
8 de abril de 2008 Oricon Weekly Singles Chart #1 145,576 193,016 15
8 de abril de 2008 Oricon Monthly Singles Chart #2
8 de abril de 2008 Oricon Yearly Singles Chart #25 (o 17 de setembro de 2008)

Listas de vendas de Billboard Japan editar

Lanzamento Lista Máxima posición
8 de abril de 2008 Billboard Japan Hot 100 #2
8 de abril de 2008 Billboard Japan Hot 100 Airplay -
8 de abril de 2008 Billboard Japan Hot Singles Sales #2

Listas de vendas dixitais editar

Lista Máxima posición
iTunes Japan Top Songs #3
Recochoku Chaku-Uta[1] #2
Recochoku Chaku-Uta Melody[2] #8
Recochoku Chaku-Uta All[3] #3
Mu-mo Song Download Chart[4] #1
Dwango Truetone Ringtones (Chaku Uta)[5] #2
Dwango Polyphonic Ringtones (Chaku Mero)[6] #4
USEN #1

Outras listas editar

Lista Máxima posición
World Top 100 Singles[7] #41
Tokio Hot 100[8] #35
MTV Japanese Chart Express[9] #3
CDTV Top 100[10] #1
ZIP FM Hot 100 (Nagoya)[11] #
FM Osaka 851[12] #31
Toyama Countdown Top 50[13] #23
LastFM's Weekly Top Tracks[14] #2

Notas editar

  1. "Recochoku Chaku-Uta". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  2. "Recochoku Chaku-Uta Melody". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  3. "Recochoku Chaku-Uta All". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  4. "Mu-mo Song Download Chart". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  5. dwango.jp | Dwango Truetone Ringtones (Chaku Uta)
  6. dwango.jp | Dwango Polyphonic Ringtones (Chaku Mero)
  7. "World Top 100 Singles". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  8. Tokio Hot 100
  9. "MTV Japanese Chart Express". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  10. CDTV Top 100
  11. "ZIP FM Hot 100 (Nagoya)". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  12. "FM Osaka 851". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  13. Toyama Countdown Top 50
  14. LastFM's Weekly Top Tracks