Mirko Cvetković

político serbio

Mirko Cvetković (en serbio cirílico: Мирко Цветковић), nado en Zaječar, Iugoslavia (actualmente Serbia), o 16 de agosto de 1950), é o actual Primeiro Ministro de Serbia.

Infotaula de personaМирко Цветковић
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Zaječar
Cargos
Primeiro Ministro de Serbia
Período2008–act.
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia
República Federal de Iugoslavia
República Federal Socialista de Iugoslavia
Serbia e Montenegro Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Belgrade Faculty of Economics (en) Traducir
Universidade de Belgrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEconomista
Partido políticoPor unha Serbia Europea
LinguaLingua serbia e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeZorica Cvetković
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina websrbija.gov.rs… Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Graduouse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Belgrado, onde tamén obtivo a súa mestría e doutoramento.

Traballou no Instituto de Minería durante dez anos e logo no Instituto de Economía outros seis anos,[1] ademais de sete anos na firma de asesoramento e investigación CES Mecon, onde traballou como consultor e en 2005 como asesor especial ao Director General en Intercom Consulting.

Na década de 1980 foi consultor exterior para o Banco Mundial nunha serie de proxectos en Paquistán, India e Turquía, e no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento en Somalia.

Carreira política editar

Dende xaneiro de 2001 Cvetković traballou como Viceministro de Economía e Privatización no Goberno de Zoran Djindjić. De 2003 a 2004 foi Director da Axencia de Privatización.

 
Mirko Cvetković saúda ao Vicepresidente norteamericano Joe Biden, durante a visita deste a Belgrado en maio de 2009

Foi Ministro de Finanzas do Goberno de Serbia desde maio de 2007, ata que, o 27 de xuño de 2008, o Presidente Boris Tadić nomeouno Primeiro Ministro tras as eleccións parlamentarias que se celebraron en maio.

Tomou oficialmente posesión do seu cargo o 7 de xullo despois de facer o seu xuramento na Asemblea Nacional de Serbia. No seu discurso de apertura Cvetković dixo que un dos primeiros pasos do novo Goberno será a de presentar o Acordo de Estabilización e Asociación coa Unión Europea ao Parlamento para a súa ratificación e que non aceptaría a declaración unilateral de independencia de Kosovo. Tamén dixo que o Goberno reforzaría a economía e a responsabilidade social e loitaría sen cuartel contra a delincuencia e a corrupción, e a favor da xustiza internacional.[1] Unha das primeiras iniciativas lexislativas foi a ratificación do acordo enerxético coa Federación Rusa.

En maio de 2009, recibiu en Belgrado ao Vicepresidente de Estados Unidos Joe Biden, na primeira visita oficial dun mandatario norteamericano tralas guerras iugoslavas. Biden afirmou o seu "respaldo a Serbia no seu camiño cara á Unión Europea".[2]

Dentro da política serbia de integración europea e cooperación cos países veciños, Cvetković declarou publicamente en outubro de 2009 que Serbia "recoñecía a integridade territorial de Bosnia e Hercegovina e que aceptaría todo acordo ao que chegasen os tres pobos bosníacos, serbios e croatas que a habitan.[3]

Vida persoal editar

Publicou unha serie de documentos e artigos sobre a privatización en Serbia e no estranxeiro. Está casado con Zorica Cvetković e ten dous fillos. Fala inglés con fluidez.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mirko Cvetković". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2009. 
  2. Biden apoia o camiño de Serbia á UE, a pesar das diferenzas por Kósovo
  3. "Cvetković: Aceptamos un acordo entre o tres pobos de Bosnia e Hercegovina". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar