Mirallos, A Peroxa

parroquia civil do concello da Peroxa

Santa María de Mirallos é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 120 habitantes (60 homes e 60 mulleres), sete menos ca en 2006.

Mirallos
Vista do lugar de Mirallos.
ConcelloA Peroxa[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°28′19″N 7°47′31″O / 42.47188889, -7.79202778Coordenadas: 42°28′19″N 7°47′31″O / 42.47188889, -7.79202778
Poboación80 hab. (2017)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]
Igrexa parroquial de Mirallos.

Patrimonio editar

Ademais da igrexa parroquial de Santa María está a capela de San Nicolao, na que se celebra a romaría da Virxe da Saúde cada terceiro domingo de setembro. A romaría comeza coa novena previa, con misas todos os días. O venres á noite celébrase unha procesión de fachos. O terceiro sábado de setembro sóbese a Virxe da Saúde en procesión dende a igrexa parroquial ata a ermida de San Nicolao, e báixase de volta o sábado seguinte.

Tamén se celebran outras festividades, como o Santo Antonio o 13 de xuño e o San Benito o 11 de xullo[2]

Toponimia editar

Segundo Nicandro Ares Mirallos vén do antropónimo gótico Mirualdus, serían as súas posesións.[3]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Mirallos editar

Lugares da parroquia de Mirallos no concello da Peroxa (Ourense)

Berdelle | Bouza Longa | As Casarizas | Fontefría | Mirallos | Salceda | San Nicolao | Senón

Parroquias da Peroxa editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Peroxa

Armental (San Salvador) | Beacán (Santa María) | Carracedo (Santiago) | Celaguantes (San Xulián) | Graíces (San Vicente) | Gueral (San Martiño) | Mirallos (Santa María) | Os Peares (Nosa Sra. do Pilar) | A Peroxa (Santiago) | San Cibrao de Armental (San Cibrao) | San Xes da Peroxa (San Xes) | O Souto (San Cristovo) | Toubes (Santiago) | Vilarrubín (San Martiño)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar