Minnie Spotted-Wolf


Minnie Spotted-Wolf, nada Heart Butte (Montana) en 1923 e finada en 1988, foi unha militar e mestra estadounidense, a primeira muller nativa americana en alistarse no Corpo de Marines dos Estados Unidos, ingresando na reserva feminina en xullo de 1943.[1]

Infotaula de personaMinnie Spotted-Wolf
Biografía
Nacemento1923
Heart Butte, Montana
Morte1988 (64–65 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadePobo pés negros
Actividade
OcupaciónMilitar e mestra
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rama militarCorpo de Fuzileiros Navais dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarSoldado raso Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deportedeporte ecuestre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Spotted-Wolf, era membro do pobo pés negros. Antes de unirse ós marines, traballou no rancho co seu pai en tarefas como cortar madeira de valados, conducir camións e adestrar cabalos.[2] Coñecida pola súa habilidade en domar bestas, describiu o campamento de marines como "duro pero non tanto".[3]

Serviu nas bases militares de California e Hawai, operadora de cargamento pesado, e como condutora para os oficiais xenerais.[2]

A cobertura da prensa do seu servizo en tempos de guerra incluíu titulares como Minnie, Pride of the Marines, Is Bronc-Busting Indian Queen.[4] Segundo a súa filla, "ela podía superar ós rapaces a comezos de 1950."[4]

Despois do seu servizo militar, obtivo unha licenciatura en Educación Primaria, e pasou 29 anos como mestra.[2]

Notas editar

  1. "History of the Women Marines". Women Marines Association. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2006. Consultado o 10 de agosto de 2006. 
  2. 2,0 2,1 2,2 White, Cody (25 July 2013). "Minnie Spotted Wolf and the Marine Corps". Prologue: Pieces of History. National Archives.
  3. "WWII – First USMC Native American Minnie Spotted Wolf" Arquivado 12 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Armed Forces History Museum. 29 July 2013.
  4. 4,0 4,1 Montana Historical Society (26 de agosto de 2014). ""You Have to Take What They Send You Now Days": Montana Women's Service in World War II". Women's History Matters. Montana Historical Society

Véxase tamén editar

Bibliografía editar