Milán-Sanremo 2018

A Milán-Sanremo 2018 foi a 109ª edición desta clásica ciclista que se disputou o 17 de marzo de 2018 sobre o tradicional percorrido de saída na cidade de Milán e chegada na de Sanremo, Italia, de 294 quilómetros. Esta é a máis longa de todas as clásicas de primavera.

2017 << Milán-Sanremo 2018 >> 2019
294 km
Gañador Italia Vincenzo Nibali
Segundo Australia Caleb Ewan
Terceiro Francia Arnaud Démare

Este foi o primeiro monumento dos cinco da tempada e a oitava carreira do UCI WorldTour 2018.

O vencedor da carreira foi o local Vincenzo Nibali que se impuxo cun espectacular ataque en solitario nas ramplas finais do derradeiro ascenso, o Poggio. O italiano lanzouse no descenso e resistiu o ritmo final do pelotón nos últimos 2 km chairos. A diferenza foi mínima pero xusta para que poidese celebrar a vitoria. O grupo traseiro conseguiu chegar a menos dun segundo do gañador, cuxo sprint venceu o australiano-coreano Caleb Ewan (2º), por diante dos campións francés e europeo, Arnaud Démare e Alexander Kristoff, terceiro e cuarto respectivamente.

Equipos editar

Na competición participaron 18 equipos do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental, completando un pelotón de 25 escuadras de 7 ciclistas, sumando un total de 175 corredores na liña de saída.

UCI WorldTour editar

Equipo País Código
AG2R La Mondiale   Francia ALM
Astana   Casaquistán AST
Bahrain-Merida   Bahrain TBM
BMC Racing   Estados Unidos BMC
Bora-Hansgrohe   Alemaña BOH
Dimension Data   Suráfrica DDD
EF Education First-Drapac   Estados Unidos EFD
Groupama-FDJ   Francia GFC
Katusha-Alpecin   Suíza KAT
Lotto-Soudal   Bélxica LTS
LottoNL-Jumbo   Países Baixos TLJ
Mitchelton-Scott   Australia MTS
Movistar   España MOV
Quick-Step Floors   Bélxica QST
Sunweb   Alemaña SUN
Trek-Segafredo   Estados Unidos TFS
UAE Emirates   Emiratos Árabes UAD

Profesional Continental editar

Equipo País Código
Bardiani CSF   Italia BAR
Cofidis   Francia COF
Gazprom-RusVelo   Rusia GAZ
Israel Cycling Academy   Israel ICA
Nippo–Vini Fantini   Italia NIP
Novo Nordisk   Estados Unidos TNN
Wilier Triestina–Selle Italia   Italia WIL

Clasificación editar

Pos Ciclista Equipo Tempo
  Vincenzo Nibali Bahrain-Merida 7h 18' 43"
  Caleb Ewan Mitchelton-Scott m.t.
  Arnaud Démare   Groupama-FDJ m.t.
  Alexander Kristoff   UAE Team Emirates m.t.
  Jürgen Roelandts BMC Racing Team m.t.
  Peter Sagan   Bora-Hansgrohe m.t.
  Michael Matthews Team Sunweb m.t.
  Magnus Cort Nielsen Astana m.t.
  Sonny Colbrelli Bahrain-Merida m.t.
10º   Jasper Stuyven Trek-Segafredo m.t.
11º   Michał Kwiatkowski Team Sky m.t.
12º   Matti Breschel EF Education First-Drapac m.t.
13º   Christophe Laporte EF Education First-Drapac m.t.
14º   Sacha Modolo Cannondale m.t.
15º   Marco Canola Nippo–Vini Fantini m.t.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar