Michael Simon Brindley Bream Beuttler nado no Cairo, Exipto, o 13 de abril de 1940 e finado o 29 de decembro de 1988, foi un piloto británico de Fórmula Un que correu nun coche March privado.

Infotaula de personaMike Beuttler
Biografía
Nacemento13 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata
O Cairo, Exipto Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Morte por SIDA Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisLeslie Brindley Bream Beuttler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Pamela Rosemary Blake (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Foi un talentoso piloto de Fórmula tres nos últimos anos da década de 1960, entón pasou á Fórmula dúas e logo á Fórmula 1 en 1971. O financiamento para o equipo veu dun grupo de amigos corretores de bolsa de quen o equipo tomou o seu nome - en primeiro lugar "Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing", e en 1973 converteuse en "Clarke-Mordaunt-Guthrie-Durlacher Racing". Correu nunha ocasión, no Gran Premio do Canadá de 1971, para o equipo oficial de March. O mellor resultado de Beuttler foi un sétimo lugar no Gran Premio de España de 1973.

Beuttler retirouse das carreiras o ano seguinte e finalmente trasladouse aos Estados Unidos, onde morreu de complicacións resultantes de SIDA en 1988, nos Ánxeles, aos 48 anos. En 2016 era o único piloto de F1 gay coñecido.[1][2]

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1971 Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing March 711 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR
Ret
ALE
DSC
AUT
NC
ITA
Ret
NC 0
STP March CAN
NC
USA
1972 Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing March 721G Cosworth V8 ARX RSA ESP
NSC
MON
13
BEL
Ret
FRA
Ret
GBR
13
ALE
8
AUT
Ret
ITA
10
CAN
NC
USA
13
NC 0
1973 Clarke-Mordaunt-Guthrie-Durlacher March 721G Cosworth V8 ARX
10
BRA
Ret
RSA
NC
NC 0
March 721G/731 ESP
7
BEL
11
MON
Ret
SWE
8
FRA GBR
11
NED
Ret
ALE
16
AUT
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
10

Notas editar

  1. "Gay Automotive:the coming out story of Mike Beutller". www.dailygossip.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 2016-06-14. 
  2. "» Remembering Mike Beuttler – Richard’s F1". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 2016-06-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Philippe Vogel et le sport automobile (French)
  • mikebeuttler.hautetfort.com/
  • www.comultipress.fr/spip/spip.php?article165